José María Martín Rodríguez


Pseudónimo:Cheché Martín
Categoría: Futbolista e debuxante
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Tralo fusilamento do seu pai en 1936 cando aínda era un neno, exiliouse coa súa nai a Arxentina. Gracias á súa habilidade para o debuxo, comezou a gaña-la vida facendo caricaturas que vendía en bares e cafeterías. Pouco despois, empezou a xogar no Banfiel e logo pasou ó Vasco de Caracas. Despois dunha pequena estancia en Francia, volveu á súa cidade natal e foi subcampión de Liga co Deportivo (1950). Posteriormente xogou no Barcelona, no Valencia e no Atlético de Madrid. Finalizada a súa carreira como futbolista, fíxose adestrador.