Margarita Ledo Andión


Categoría: Profesora e escritora
Data de Nacemento: 5 de febreiro de 1951
Lugar de Nacemento: Castro de Rei (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É xornalista pola Escola Oficial de Xornalismo de Barcelona (1973). Dirixiu A Nosa Terra no seu periplo inicial (1977-1980) e despois dunha estadía de investigación en Lisboa (1982) doutorouse en Ciencias da Información pola UAB (Universitat Autónoma de Barcelona) en 1986. Foi profesora da UAB na Facultade de Ciencias da Información de 1983 a 1991. Trasládase á Universidade de Santiago de Compostela para por en marcha a Facultade de Ciencias da Información en Santiago, da que foi decana (1992-1996). Desde marzo de 2008, é membro da Real Academia Galega.

 Obras realizadas

Escritora de ficción, publica o seu primeiro poemario en 1970 (nas Ed. Xistral, Monforte de Lemos) e a súa última novela é de 1990: Porta Blindada. Foi directora do 1º Congreso de "Comunicación na Periferia Atlántica" celebrado en Santiago en 1995 e do II Coloquio Brasil-·Estado Español de Ciencias da Comunicación. Escribiu sobre fotografía e cine: Foto-xoc e xornalismo de crise (Do Castro, 1988) e Documentalismo fotográfico contemporáneo (Xerais, 1995). As súas últimas obras publicadas son: Documentalismo fotográfico: éxodos e identidad, Madrid, Cátedra, 1999; Comunicación Audiovisual-Investigación e Formación universitarias (Ledo Andión e Krohling Kusnch, Eds), Santiago de Compostela, USC, 1999 e Production télévisée et identité culturelle en Bretagne, Galicie et Pays de Galles, (Guyot, Lego Andión, Michón), Presses universitarias de Rennes, 2000.

 Outros datos de interese

Dinamizadora de cultura da Imaxe documental (fotográfica e cinematográfica) e das relacións entre pequenos países a través da industria cultural e da comunicación, normalmente da área atlántica.
O 30 de novembro de 2002 rendéronlle unha homenaxe en Guitiriz (Lugo) na undécima edición dos "Encontros na Terra Chá", organizados pola asociación cultural Xermolos.