Román Pedreira Ancochea


Data de Nacemento: 1922 († Madrid 2007)
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Licenciado en Dereito pola Universidade de Salamanca, en 1950 foi ordenado sacerdote polo bispo de Ourense Francisco Blanco Nájera. Foi profesor do Instituto de Segunda Ensinanza "Padre Feijoo" e, por oposición, foi nomeado párroco de Abedes e Cabreiroa, do Alfoz de Verín, onde compartiu o apostolado coa publicación de libros de poesía. Ao trasladarse a Madrid foi coadxutor da parroquia de San Marcos e Capellán do Colexio Maior Universitario.

 Obras realizadas

-Libros de poemas en galego  castelán: "Estrela e Pomba", "Galicia Bagoas", "Alborada de Nadal", "Botiñas" e "Una aguja y un libro".
-Colaboracións en La Región de Ourense.

 Outros datos de interese

Román Pedreira foi fillo da ilustre musicóloga ourensá Araceli Ancochea Roldán, natural de O Barco de Valdeorras. Obtivo o primeiro premio en piano e harmonía polo Conservatorio de Madrid, foi alumna do Mestre Bretón e exerceu a docencia nas Escolas Normais de Maxisterio de Cuenca e Ourense co seu esposo, cuxos restos mortais se atopan nun panteón do adro da Igrexa de Abedes, pedanía que conserva recordos do clérigo poeta, os eu avó paterno, Leopoldo Pedreira, catedrático de Xeografía do Instituto  de Cuenca do que foi director e pola súa iniciativa se declarou á Catedral conquense Monumento Nacional.