É doutor en Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, funcionario en excedencia do Corpo de Profesores de Ensino Secundario e funcionario do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia.
Desde 1987 é xefe do Servizo de Promoción da Investigación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e, desde 1998, adscrito á Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.
Ocupou o cargo de subdirector xeral de Xestión Administrativa e Económica da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento desde febreiro de 1999 ata 2006, momento no que pasa a ocupa-lo posto de secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.