Rodolfo Grande Salgueiro


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 26 de setembro de 1937 (†25 de febreiro de 1961)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Estudiou o bacharelato en Ourense e comezou Medicina en Santiago de Compostela, aínda que pronto abandonou para estudiar Filosofía. Viaxou a Francia para perfecciona-lo seu francés e despois dunha forte crise nerviosa que o obrigou a ser internado nun sanatorio, trasladouse a Salamanca para estudiar linguas modernas.

 Obras realizadas

Escribiu varias novelas, contos e poesías. Estas son algunhas das súas obras máis importantes: El cerezo, La espada, El Chucho e a novela curta Una vida en seis meses (de carácter autobiográfico).

 Outros datos de interese

Na Universidade de Salamanca coñeceu a unha moza belga coa que casou en 1960. Ían ter un fillo pero o 25 de febreiro de 1961 suicidáronse.