É licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona; licenciado en Relacións Internacionais por I.L.E.R.I. (París) e diplomático desde o ano 1989.
1990. Ingresa no servizo activo no Ministerio de Asuntos Exteriores como xefe da Área de Relacións Económicas con Iberoamérica, dentro da Dirección Xeral de Relacións Económicas Internacionais.
1994. Nomeado por concurso Conselleiro da Embaixada de España en Bonn, encargado de política interior de Alemaña.
1999. Ocupa a segunda xefatura da Embaixada de España en Kuwait, encargado de asuntos políticos, consulares e culturais.
2001. Nomeado subdirector xeral de Cooperación e Promoción Cultural Exterior na Dirección Xeral de Relacións Culturais e Científicas.
2004. Cónsul de España en Nova York. Encargado dos asuntos culturais. Relacións coas universidades e institucións educativas norteamericanas; colaboracións con institucións artísticas e culturais: MoMA, Metropolitan Museum, Lincoln Center, Carnegie Hall; deseño de programas para a promoción cultural das comunidades autónomas, e elaboración e execución do programa cultural do Consulado Xeral de España en Nova York.
Desde marzo de 2009 ata xaneiro de 2012 foi Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.