Roberto Andrade Olivié


Data de Nacemento: 27 de febreiro de 1953
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais (USC, 1972-79). Entre 1990 e 1991 traballou para Deloitte&Touche como director de consultoría informática para Galicia. Desde 1983 é director do Depto. de I+D de SOFTGASA INFORMÁTICA, S.L., socio-director, técnico e responsable da análise e implantación de tódolos proxectos. Os seus proxectos máis importantes son: ‘Proxecto de Desenvolvemento dunha vertical para o sector da pedra en entorno ERP Adonix X3: Pedra Natural e lousa’, ‘Proxecto de desenvolvemento aplicación prevenda en PDA’s usando Gprs’, e ‘Adaptación aplicación prebenda en Pda’s usando gprs para o sector distribución’. Pertence ó Colexio de Economistas de Pontevedra e realizou seminarios de Auditoría Contable, de Xestión Financeira da Empresa, de Contabilidade de Custos, Fiscal e de Contabilidade. É consultor homologado de Telefónica e conseguiu os ‘IBM Certified Specialist – AS/400 Associate System Administrador’ e o ‘Certificado en Networking’

 Obras realizadas

PROXECTOS MÁIS REPRESENTATIVOS:
Realizou proxectos para o sector industria (Bamipal, Disemba, Galsac, G.I. Granitos Ibéricos, Litografía La Artística Carnoud, Industrias Proa, José A. Lomba Camiña, Metalgráfica Gallega, Playdesa, R. Andrade e Ronáutica), para o sector pesca-frigoríficos (Chymar, S.A., Frigoríficos de Vigo, S.A., Armadora Jose Pereira e Hijos, S.A. e Pereira Productos del Mar, S.A.), para o sector comercio-distribución (Almacenes Celso Míguez, Business Gestion y Logística, Cadena Uniserco, Hiperxel, Hogarlin, Roberto Verino, Umbro e Vicosa.) e para o sector de asesorías e recursos humanos (Astem, S.A., Codem, S.A. e Rodríguez Magariños).

 Outros datos de interese

Fala español, galego, inglés e portugués.