José Sixto


Categoría: Xornalista, escritor e profesor
Data de Nacemento: 16 de marzo de 1984
Lugar de Nacemento: Guimarei, Friol (Lugo)
 Currículum

Doutor en Xornalismo e Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela (2011).

Tamén nesta Universidade licenciouse en Xornalismo (2006), sendo Premio Extraordinario Fin de Carreira.

Ademáis, é máster en Dirección e Xestión de Empresas (2013).

 Obras realizadas

Dentro da súa faceta investigadora ten publicado libros como 'Comunicación Institucional de Proximidade' (2008), 'Marketing y Comunicación' (2010) ou 'Las redes sociales como estrategia de marketing online' (2012).

No campo literario iniciouse como poeta en 2007 coa publicación do poemario 'Berro de Cristal', ó que seguiron 'Peitos e tetas nas noticias de domingo' (2009) e 'Tirizó' (2013). Tamén é coautor da obra 'Uxío Novoneyra, nos eidos da verdade' (2011).

É colaborador habitual como articulista de Opinión en diferentes medios de comunicación.

Dirixe o Instituto de Medios Sociais.