Ricardo Prego


Data de Nacemento: 1955
Lugar de Nacemento: A Coruña
Teléfono: 986 231 930
Fax: 986 292 762
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Química pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1977 coa especialidade de Química Inorgánica. Doutor en Química pola USC en 1988 cunha tese sobre los Ciclos bioxeoquímicos de C, N, P e Si na Ría de Vigo baixo a dirección do profesor Fernando Fraga (CSIC9. Desde 1984 é científico (especialidade Oceanografía Química) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Profesor de Investigación de OPI e Director do Grupo de Biogeoquímica Marina, ten 4 sexenios evaluados positivamente e un indice h de 26.

Liñas de investigación: intercambios bioxeoquímicos terra-océano; fluxos e procesos bioxeoquímicos de elementos traza e micronutrientes nas interfases costeiras; contaminación por metais e eutrofización.

 Obras realizadas

Publicou 213 artigos científicos (65% en revistas SCI) varios capítulos de libros, e é coautor do libro “El Instituto de Investigaciones Pesqueras: tres décadas de historia de la investigación marina española”. Dirixiu a 5 doutores no seu contrato posdoctoral, 6 teses doctorais e 15 teses de licenciatura e Terceiro Ciclo; coordenado 5 proxectos multidiscliplinares, IP de 12 e científico en outros 15; participou en 20 campañas marinas nos océanos Atlántico e Índico Sur e nos mares Cantábrico, de Weddel e Blanco, sumando máis de 400 días de mar.

É membro do comité español do LOICZ e Coordenador do cluster “Xestión Integral da Zona Costeira” do Campus do Mar. Durante a última década evaluou artigs para 32 revistas internacionais, sendo ademáis Editor Asociado do “Latin American Journal of Aquatic Research”.