Ós poucos meses veu con seus pais a Galicia e xa desde moi nova mostrou a súa inquietude cultural, que a levou a crea-lo Centro Cultural “Meigas e Trasgos” de Sarria en 1972. Deste centro cultural xurdiron grupos de danza, gaiteiros, coral polifónica, certames de literatura, concursos de pintura e de danza, que levaron o espírito das terras sarrianas a varios sitios do estranxeiro. Dado o incremento de actividades, construíuse un edificio que alberga os salóns do “museo”, recepción, conferencias e un anfiteatro para escenifica-la danza da “noite meiga” e no que actúan grupos infantís, xuvenís e de adultos.
Compuxo “Galicia Teu”, que se converteu no Himno de Sarria, por disposición do Concello.