Ricardo Pérez Rilo


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 1956
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)

   Cultura
 Currículum

Iníciase na pintura da man do pintor ferrolán Juan Galdo. É ilustrador de libros infantís e xuvenís nas Editoriais Xerais e Edicións do Cumio e membro da Asociación de Ilustradores Galegos (Galix). É alumno da Fundación CIEC (Centro Internacional de la Estampa Contemporánea) de Betanzos dende o ano 2001. En agosto de 2003, realizou o curso de verán ‘Técnicas Aditivas’ impartido por José Rincón.

 Obras realizadas

Levou a cabo exposicións nas seguintes galerías e salas de exposicións: Caixa Galicia (Ferrol), Modus Vivendi (Santiago), Galería Universo (Pontevedra), Galería Jaime Trigo (Pontevedra), Galería Carteles (Ferrol, decembro de 1999), Asociación “Os Aventados” (San Cibrao – Lugo, xaneiro de 2000), ‘Catálogo Inverno 2000’, Galería Durán (Madrid), Casa da Cultura de Noia (maio de 2001), Galería Librería María Balteira (Santiago, decembro de 2001), exposición colectiva de alumnos do CIEC, Hotel Atlántico e Sala de Exposicións da Casa do Libro (Vigo, setembro de 2004).