Carmen Chacón


Categoría: Pintora
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

1975. Gradúase en Interiorismo en Santiago de Compostela e posteriormente comeza a carreira de Relacións Laborais.
1985. Curso Internacional de Gravado. Gráfica.
1985. Bolsa para o obradoiro Pablo Ruiz Picasso, organizado por Unión Fenosa e impartido por Rafael Canogar (A Coruña).
1986. XV Experiencia de cerámica de Sargadelos.
1987. Curso ‘Gráfica’, U.I.M.P.
1988. Curso ‘Novas Tendencias’, Estudio Arjona (Madrid).
1991. Curso ‘Gráfica’, U.I.M.P.
1991. Curso sobre ‘Espazos de Intervención Visual e Sonora’, impartido por Concha Jerez e José Iges, Poio (Pontevedra).
1991. Curso Universitario sobre ‘Apreciación da Arte Contemporánea’, Universidade de Santiago de Compostela.
1992. Seminario: ‘A Arte Galega, un proxecto homologable na Europa de fin de século' (Ferrol).
1992. Obradoiro de escultura, Campus Universitario (Ferrol), membro do xurado do Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos de Ferrol en diversas ocasións e ‘A Arte de fin de século (1980-2000)’, X. Antón Castro (Santiago de Compostela).
2002. Seleccionada para formar parte do obradoiro de arte actual impartido por Daniel Canogar realizado no Círculo de Bellas Artes de Madrid.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
1985. Sala de exposicións do Banco de Crédito e Inversións (Lugo).
1986. Caixa Galicia (Santiago de Compostela) e Galería Sementeira, Noia (A Coruña).
1988. Ateneo Ferrolano (Ferrol).
1989. Centro Galego (Barcelona).
1990. Caixa de Barcelona, Montcada i Rexac (Barcelona).
1991. Museo Bello Piñeiro (Ferrol), Sala de Arte Caixavigo (Vigo) e Galería Cartoon (Barcelona).
1992. ‘Espacio e Fragmentación’, Pazo de Mª Pita (A Coruña).
1993. ‘Evocacións e espacio’, Casa da Parra, Xunta de Galicia (Santiago de Compostela).
1994. ‘Reencuentro’, Centro Torrente Ballester (Ferrol).
1995. ‘Espacios para a reflexión’, Galería Obelisco (A Coruña) e ‘Tiempo para la Memoria’, Galería Can Marc (Begur y Gerona).
1996. ‘Despois de pasar o vento’, Galería Alberca, Vila Franca de Xira (Portugal).
1997. ‘Hilvanando Recordos’, Galería Sargadelos (Ferrol), (itinerante) Xunta de Galicia. Salas: Biblioteca Provincial de A Coruña, Biblioteca Provincial de Lugo, Ateneo de Ourense e ‘Profanando os soños’, Sala Teucro da Delegación Provincial de Cultura de Pontevedra.
1998. ‘Volvendo atrás a mirada’, Museo Montjo, Vilassar de Mar (Barcelona) e ‘Pisando sobre herba’, Galería Clérigos (Lugo).
1999. ‘Batiendo alas’, Galería Matísse (Barcelona), ‘No umbral del silencio’, Centro de Arte Atlántica (A Coruña) e ‘Tránsito’, Galería Paloma Pintos (Santiago de Compostela).
2000. ‘Tropismos’, Casa de Galicia (Madrid) e ‘Painful Fact’, Centro Torrente Ballester (Ferrol).
2001. ‘Wood Blood’, Fundación Laxeiro, Vigo (Pontevedra).
2004. ‘El Guardián de la Puerta: Realidad-Verdad. Galería Sargadelos’ (Ferrol).
2005-2006. ‘El hombre erguido’, Galería de Arte, C5 colección (Santiago).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
1982. Conmemoración do nacemento de Pablo Ruíz Picasso, Delegación de Cultura (A Coruña) e Aula de Cultura Caixa Galicia (Ferrol).
1984. VII Bienal de Pintura do Centro Cultural Meigas e Trasgos (Lugo).
1985. Fundación Alcalde Zoilo Ruiz Mateos, Rota (Cádiz).
1986. ‘Ano Internacional da Muller’, Centro Cultural Nicolás Salmerón (Madrid), ‘Arte Xove Galego’, Sala de exposicións de El Corte Inglés (Vigo), Certame Vila de Cedeira, Sala de exposicións Municipal, Cedeira (A Coruña) e XXXV Exposición de Outono, Real Academia de Bellas Artes Santa Isabel de Hungría (Sevilla).
1987. Pintoras Galegas ‘Alecrín’, Sala de exposicións Cidade de Vigo (Vigo), ‘Arte Xove Galego’, El Corte Inglés (Vigo), Homenaxe a Rafael Zabaleta, Quesada (Jaén), ‘Premio Jenaro Pérez Villaamil’, Ateneo de Ferrol (Ferrol), ‘Premio Jenaro Pérez Villaamil’, Salvador de Madariaga (A Coruña) e ‘XI Certame Nacional de Acuarela’, Centro Cultural Galileo (Madrid).
1988. Certame de Murais ‘A Balconada’, Galería Brita Prinz, Betanzos (A Coruña), ‘Nova Plástica’, Poio (Pontevedra), ‘Bienal de Pontevedra. Novos Valores’, Sala Museo Sarmiento (Pontevedra), ‘Arte Xove Galego’, El Corte Inglés (Vigo) e ‘Premio Jenaro Pérez Villaamil’, Ateneo de Ferrol (Ferrol).
1989. Galería Pardo Bazán (A Coruña).
1990. ‘Gráfica 85-89’. Exposición itinerante: Museo Bello Piñeiro (Ferrol), Salvador de Madariaga (A Coruña) e Centro de Grabado de Betanzos (A Coruña), ‘Premio Jenaro Pérez Villamil’, Museo Bello Piñeiro (Ferrol), ‘VII Certame de Pintura Concello de Cambre’ (A Coruña) e ‘XXXI Certame Nacional de Pintura ‘Pintores para o 92’, Sala Callejón de los Bolos, Jerez (Cádiz).
1991. ‘Premio Penagos de Debuxo’, Sala Fundación Mapfre (Madrid), ‘Debuxantes Galegos’, Galería Sargadelos (Ferrol), ‘Pintores Ferroláns’, Sala Convento do Carmo, Vila do Conde (Portugal), ‘Premio Jenaro Pérez Villaamil’, Kiosko Alfonso (A Coruña), ‘Amnistía Internacional’, Sala Ateneo Ferrolano (Ferrol), Exposición de proxectos e obras sobre Espacios de Intervención Visual e Sonora, Poio (Pontevedra), XXXII Certame Nacional de Pintura ‘Pintores para o 92’, Sala Callejón de los Bolos, Jerez. (Cádiz), Gráfica 85-89. Exposición Itinerante, Centro de Gravado, Betanzos (A Coruña) e Galería Brita Prinz, Sala Liszt (Salamanca).
1992. ‘Premio Penagos de Debuxo’, Sala Fundación Mapfre (Madrid), ‘Tendencias’, Galería Citania (Santiago de Compostela) e exposición de escultura, Universidade Politécnica Superior (Ferrol).
1993. Bidart, Feria Internacional de Arte, Batik. Bérgamo (Italia) e ’Dez Críticos-Dez Artistas’, Estación Marítima (Vigo).
1994. ‘Sólo Mujeres’, Galería Manem Punt D’Art (Palma de Mallorca), ’Presente Plural’, Casa do Peso, As Pontes (A Coruña), ’Artistas Ferroláns. Sete Visións Actuais’ e Centro Cultural Torrente Ballester (Ferrol).
1995. ‘Los Idus de Marzo’, Galería Detursa (Madrid), Galería Detursa (Madrid), Galería Obelisco (A Coruña) e Feira Internacional Lineart, Galería Santa Bárbara, Gante (Bélxica).
1996. ‘Puxando o ar’, Galería Noroeste (Santiago de Compostela).
1997. ‘Galicia Terra Única’, ‘Homenaxe a Carlos Gurméndez’, Casa de Cultura de Pontedeume (A Coruña), Museo Carlos Maside, O Castro (A Coruña) e III Foro Atlántico de Arte Contemporáneo, Galería Atlántica, Estación Marítima da Coruña.
1998. Galería Paloma Pintos (Santiago de Compostela), ‘Verán’, Galería Matisse (Barcelona), ‘Premio Nacional de Pintura Juan Ramón Masoliver’, Montcada i Rexac (Barcelona), ‘Pequeno Formato’, Centro de Arte Atlántica (A Coruña), ‘Nadal’, Galería MAES (Madrid) e ‘As nenas dos meus ollos’, Galería Sargadelos (Ferrol).
1999. Gran Formato, Centro de Arte Atlántica (A Coruña), IV Foro Atlántico de Arte Contemporáneo, Atlántica Centro de Arte (Pontevedra) e ‘Maestros Contemporáneos’, Atlántica Centro de Arte (A Coruña).
2000. Salon dÁrt Contemporain des pays celtes, Lorient (Francia), Centro de Arte Atlántica (A Coruña) e ‘III Salón de Outono de Pintura’, Real Academia de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario (A Coruña).
2001. ‘VII Mostra Unión Fenosa’, Estación Marítima (A Coruña).
2002. Premio Salou de recerca pictórica Centre Cultural Torre Vella, Salou (Barcelona) e Centro de Arte Atlántica (A Coruña).
2004. Galería C5 (Santiago de Compostela), ‘Salón de Outono’, Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario (A Coruña) e Feria Estampa (Madrid).
2005. ‘La naturaleza muerta en el tiempo’, Palacio de la Cigueñas (Cáceres) e Galería C5 (Santiago de Compostela).

 Outros datos de interese

BOLSAS E PREMIOS:
1991. Bolsa de Gravado Gráfica 91, U.I.M.P., Betanzos (A Coruña), subvención para exposición da Deputación Provincial da Coruña e bolsa Unión Fenosa para o taller Pablo Ruiz Picasso. Rafael Canogar (A Coruña).
1990. Premio Autor Galego, Certame Internacional de Debuxo Jenaro Pérez Villaamil (Ferrol).

A súa obra figura en coleccións particulares e outras como a do Ateneo Ferrolano (Ferrol), Caixa de Barcelona (Barcelona), Galería Brita Prinz (Madrid), Centro de Gravado de Betanzos (A Coruña), Fondos da Xunta de Galicia, Pinacoteca do Concello da Coruña, Concello de A Coruña, Deputación Provincial da Coruña, diversas adquisicións da Xunta de Galicia do 1%, Cámara Municipal de Vila Franca de Xira (Portugal), Museo Unión Fenosa-Talleres e Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol (obra permanentement exposta).

BIBLIOGRAFÍA:
-Barro David: ‘Carmen Chacón y sus fragmentos vitales’, Fundación Laxeiro, Vigo (2001).
-Casalé Ramón: ‘Batiendo Alas’, Galería Matisse, Barcelona (1999), ‘Cuando la línea y la forma conviven con el color’, Deputación Provincial da Coruña (1990), ‘Diez Críticos Diez Artistas’, Estación Maritima, Vigo (1993), Galería Cartoón, Barcelona (1991) e ‘Profanando los sueños’, Xunta de Galicia (1997).
-Castelo Bernardo, Caixa Moncada i Rexac, Barcelona (1990).
-Castro Antón: ‘Painful Fact’, Centro Torrente Ballester, Ferrol (2000).
-Cendán Susana: ‘Evocaciones y espacio’, Xunta de Galicia (1993).
-Fraga Carlota: ‘Pisando sobre hierba’, Galería Clérigos (1998).
-González Alegre Alberto, Edicións Atlántica, A Coruña (1999).
-Pena Carmen. ‘Huellas’, Cámara Municipal Vilafranca de Xira – Portugal (1996) e ‘Tropismos. Luis Caruncho. Carmen Chacón y la Madre Tierra’, Xunta de Galicia (2000).
-Piñeiro Cuqui, Ateneo, Ferrol (1998).
-Sarmiento Rosario: ‘Reencuentro’, Centro Torrente Ballester, Ferrol (1994).
-Stadler Karin: ‘Espacio y Fragmentación’, Palacio de María Pita, A Coruña (1992).

Hai referencia ás súas obras en catálogos de exposicións individuais e catálogos do Premio Jenaro Pérez Villamil, Ferrol (1987, 1988 e 1989), do Certame ‘A Balconada’, Betanzos - A Coruña (1988 e 1989), de Gráfica (1985, 1989 e 1990), do Certame de Pintura ‘Concello de Cambre’, A Coruña (1990), do Certame Nacional de Pintura ‘Pintores para el 92’, Jerez (Cádiz), ‘Debuxantes Galegos 1991’, Ferrol, ‘Dez Críticos- Dez Artistas’ Vigo (1993), ‘Presente Plural’ 94, As Pontes (A Coruña), ‘Artistas Ferroláns, Sete Visións Actuais’, 94. Ferrol (A Coruña) e Lineart, Feria Internacional 1995, Gante (Bélxica). Ademais dos catálogos mencionados, tamén hai referencias ás súas obras en numerosas revistas e xornais (La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Región, El Mundo, El País, etc...).