Ruth Tuvío Villar


Data de Nacemento: 23 de marzo de 1977
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade de Compostela (Galicia).

Vive en París dende o ano 2002.

Pertenceu á ONG “Voces Libres”.

Foi asistente de dirección e tradución (francés, inglés e español) da Confederación das Organizacións non Gobernamentais da ONU, en Xenebra.

Durante seis anos participou na ONG do Tribunal Internacional da Infancia.

Máster en Ciencias Políticas e de Administración pola Universidade de París (a Sorbona).

Diplomada en Dereito da Unión Europea, pola ENA (Escola Nacional de Administración, de París).

Diplomada (especialista no Magreb) en estudos árabes: historia, política e islamoloxía polo INALCO (Instituto Nacional de Linguas Orientais).

Licenciada en Estudios Europeos, Universidade de París, Sorbona.

En Galicia formou parte dos Comités Abertos da Universidade de Santiago de Compostela. Militou en Galiza Nova e no BNG. Foi representante da Xunta da Facultade e do Claustro e responsable da muller de Galiza pola Comarca da Coruña.

No ano 2000, en Bruxelas, participou na Marcha Mundial das Mulleres de Galicia.

Dende o ano 2002 non milita no BNG, nin en ningún partido galego, nin español.

Actualmente traballa, milita e colabora no partido “Parti de Gauche” de Jean-Luc Melonchon, no movemento estudantil universitario.

Participou activamente no movemento e na folga contra CPE e CNE, un proxecto de reforma laboral que permitía o despedimento libre dos mozos durante os dous primeiros anos do seu contrato, o que provocou innumerables manifestacións de protesta (universitarias e sindicais) na súa contra por toda Francia. Esta Lei de Contrato de Primeiro Emprego (ano 2005) que quería impoñer o primeiro ministro francés Villepín (Dominique Marie François René Galouzeau de Villepin) e que ao final, polo citado movemento e pola grande contestación social suscitada por este, tivo que retirar. Esta contestación e a súa imputación no Caso Clearstream, frustraron as posibilidades do primeiro ministro Villepin de aspirar á presidencia da República Francesa.

Por mor de asuntos profesionais e académicos, Ruth recorreu Francia, Inglaterra, Suíza, Irlanda, Bélxica, Holanda, Portugal, Marrocos, Italia e Austria, entre outras.

Aínda que dende hai dez anos (2002) no político, laboral, social e universitario está totalmente integrada en Francia, París, Ruth segue preocupada, atenta e ao día, polos aconteceres laborais, sociais e políticos de Galicia.