Traballou nunha axencia marítima, colaborou no xornal El Portavoz e en La Verdad. Estudiou Topografía, Humanidades e Filosofía e Letras. Foi trasladado a Sevilla onde se uniu ó anarquismo andaluz e colaborou nas revistas "Acracia", "El Productor" e "Revista Social". En Sevilla foi delegado no Congreso Sindical de Traballadores Españois e asistiu a outros en diversas cidades de España. En 1897 trasladouse a Pontevedra polo seu traballo de topógrafo, xa que fora encargado pola Compañía de Tranvías da construcción da nova liña. En Pontevedra colaborou coa Unión Republicana, El Corsario da Coruña, La Anarquía, La Idea Libre de Madrid e nas revistas "Ciencia Social" de Barcelona e "La Nueva Humanidad" de París. En 1909, despois de vivir en Barcelona, regresa a Vigo para a construcción de novas liñas para o tranvía e será nomeado xerente da compañía.
O Concello de Vigo dedicoulle unha rúa e o escultor Asorey realizou un busto en pedra da súa figura.