Paulo Naseiro Ramudo


Categoría: Sociólogo, escritor, fotógrafo e deseñador gráfico
Data de Nacemento: 4 de abril de 1970
Lugar de Nacemento: Vilalba (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía.

Experto en Xerontoloxía Social e Máster en residencias e servizos de atención a persoas maiores pola Universidade da Coruña, é director de centros xerontolóxicos.

Foi presidente da Asociación Galega de Residencias de Anciáns de Iniciativa Social (ACOLLE) e membro do Comité Nacional de Cruz Vermella Española.

Co-editor do xornal A Voz de Vilalba.

 Obras realizadas

Autor da novela 'Magyar Posta' (2007), Ed. Instituto de Estudos Chairegos. Coordinador do estudio ‘Perfil dos usuarios da Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social’, Ed. Acolle, Compostela (2004), coautor de ‘Seis escritores de Vilalba. Escolma poética’, Ed. Deputación Provincial de Lugo (1986). Coautor de “A Voz de Vilalba. Xornal ao servizo do pobo (1983-1986)”. Madrid: Dickynson/Universidad Rey Juan Carlos. 2007.

Ademais, colabora en xornais e revistas dende 1985 e é o autor da exposición fotográfica ‘Aquí están os nosos osos agardando polos vosos: Os camposantos da Terra Cha’ (1995).

Así mesmo, ten participado en diversas exposicións colectivas.

 Outros datos de interese

Premio de narrativa do Excmo. Concello de Vilalba (2003) coa obra ‘Magyar Posta’.
Premio ‘Manuel Mato Vizoso’ de xornalismo do Concello de Vilalba (1992).
Autor da peza teatral ‘Por favor, agarde a súa quenda’, estreada polo grupo Cedeuve Teatro (1997).

Actor afeccionado.

Deseñador gráfico (libros e revistas, logotipos, manuais de imaxe corporativa).