Jesús Izco Sevillano


Categoría: Profesor, investigador e escritor
Data de Nacemento: 2 de maio de 1940
Lugar de Nacemento: Madrid
 Currículum

Licenciado en Farmacia (Universidade Complutense de Madrid, 1965), doutor en Farmacia (Universidade Complutense de Madrid, 1969), profesor adxunto (Universidade Complutense de Madrid, 1966-70), profesor agregado (Universidade de León, 1970-73; Universidade Complutense de Madrid, 1973-78), catedrático de Botánica (Universidade de Santiago de Compostela, 1978- ...), docente de Botánica, Xeobotánica, Ecoloxía Vexetal, Fitoxeografía, Fitosocioloxía. Foi director de doce teses de doutoramento da súa especialidade, relacionadas con materias de Ecoloxía Vexetal (Unesco 2417,250525403). Participou en 30 proxectos financiados por Caicyt, Mopu, Xunta de Galicia, Cicyt (I+D) e cooperación hispano-francesa. É membro de: Sociedade Española Estudio Pastos, Real Sociedade Española de Historia Natural, Amicale de Phytosociologie (Francia), Sociedade Botánica de Francia, Sociedade Broteriana (Portugal), Asociación Española de Fitosocioloxía, European Union Dune Conservation (Holanda), Internacional Association Vegetation Sciencie (Suecia) e Optima (Berlín). É secretario da Facultade de Bioloxía (Universidade Complutense de Madrid) e vicedecano da Facultade de Farmacia (Universidade de Santiago de Compostela).

 Obras realizadas

É autor de 120 traballos en diferentes liñas de investigación botánica e de 30 libros ou artigos en libros de orientación análoga, promotor da nomenclatura botánica en España (tradución do ICBN e CPN) e responsable dunha sección especializada na revista "Lazaroa". Realizou traballos de investigación aplicada na valoración da flora e vexetación (medios acuáticos principalmente) continentais e costeiros e xestión do medio ambiente natural e análises da vexetación. É autor de Madrid verde (Ministerio de Agricultura), O Courel (Universidade de Santiago de Compostela), Pazos de Galicia, Jardines y Plantas (Xunta de Galicia) e Botánica (Mc Graw-Hill / Interamericana). É impulsor do Xardín Botánico de Galicia e delegado da Universidade de Santiago de Compostela para o mesmo.

 Outros datos de interese

Conseguiu os seguintes premios: Extraordinario de doutoramento (1969), Real Academia de Farmacia (1971), Galicia (1982), Nacional do Ministerio de Agricultura (1983), Real Academia Galega de Ciencias (1986). É membro de: "Estrategia Nacional para la Conservación de la Biodiversidad" e de "Estrategia Gallega para la Conservación de la Biodiversidad". É membro das Reais Academias de Farmacia, Galega de Ciencias, Sección Galicia da Real Academia de Farmacia (director)