Ricardo Jacinto Varela Sánchez


Categoría: Funcionario e político
Data de Nacemento: 26 de setembro de 1955
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Diplomado en Relacións Laborais, é funcionario do Concello de Lugo.

Como militante socialista ocupou distintos cargos orgánicos na agrupación municipal de Lugo e na CENG do PSdeG-PSOE. Foi secretario executivo provincial do PSdeG-PSOE de Lugo (1998-2004), secretario nacional da Executiva de UXT de Galicia, secretario de Organización do PSdeG-PSOE (2004-2008), vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE (2008) e membro do Comité Federal do PSOE desde 2004.

Foi membro do Consello Económico e Social de Galicia e membro do Consello Galego de Relacións Laborais. Ademais foi deutado autonómico na VI e VII lexislatura, portavoz de Xustiza, membro da Comisión de Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior, membro da Comisión de Economía, Facenda e Presupostos, membro da Mesa da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, membro da Deputación Permanente e conselleiro de Traballo desde 2005 a 2009.