Doutor en Dereito Canónico. Estudiou no Antonianum de Roma e especializouse en Historia do Dereito Canónico na Universidade de Berkley (California, USA) baixo a dirección do Profesor Stephan Kuttner. Desde 1959, é Profesor da Universidade Pontificia de Salamanca. É doutor Honoris Causa polas Universidades de Siena (Italia) e Lisboa. Membro da Academia Senese degli Intronati, da Academia Portuguesa da Historia, da Academia Portuguesa de Ciencias e da Academia de Ciencias de Toledo.
Autor total o parcial de 35 libros e duns 270 artigos. A lista deles pódese ver ó comezo da miscelánea que lle dedicaron os seus colegas de Europa e América, que foi coordenada polo Profesor Peter Linehan (Universidade de Cambridge, Inglaterra) e editada polo Card. Alphns M. Stickler baixo o título "Life, Law and Letters: Historical Studies in Honour of Antonio García García", Roma, 1998. É tamén autor dunha Historia de Bretoña, o seu pobo natal. Profesor Emérito da Universidade Pontificia de Salamanca. Presidente do Instituto de Historia. Director do Synidicon Hispanum.
Premio de Humanidades do Goberno de Castela e León, 1995. Premio Internacional Galileo Galilei, Pisa, 1994.