Xela Arias Castaño


Categoría: Poetisa e traductora
Data de Nacemento: 4 de marzo de 1962 († 2 de novembro de 2003)
Lugar de Nacemento: Lugo

Día das Letras Galegas
 Currículum

Licenciada en Filoloxía Hispánica, Xela Arias pasou a maior parte da súa vida en Vigo, onde chegou a ser un referente do mundo editorial e da poesía de muller. En 1980 fundouse a editorial Xerais, onde traballou como correctora e asesora lingüística durante dez anos.

 Obras realizadas

Deuse a coñecer en 1986 con 'Denuncia do equilibrio', finalista do Premio Losada Diéguez. Tamén foi finalista do Premio Esquío con 'Lili sen pistolas', un libro que aínda hoxe permanece inédito. Posteriormente publicou 'Tigres coma cabalos' (1990), 'Darío a diario' (1996) e 'Intempériome' (2003). Ademais, participou en libros colectivos como 'Palabra de muller' (1992), 'Rosalía na palabra de once poetas galegas' (1997) e 'Daquelas que cantan' (Fundación Rosalía de Castro, 2000).

Traduciu ó galego numerosas obras e foi premio de traducción Ramón Cabanillas. Colaborou en diversas publicacións e recitais poéticos.

 Outros datos de interese

A Real Academia Galega elixiu a Xela Arias, para adicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2021.