-Licenciado en Filoloxía Hispánica e diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago.-Pertence ó corpo superior da Admon. da Xunta de Galicia e ó Corpo de Xestión da mesma.-Ten desempeñado os seguintes cargos: subdirector Xeral de Promoción Cultural e representante da Xunta de Galicia no grupo de traballo IV do Conseil des Regions D'Europe (Estrasburgo), subdirector Xeral de Promoción e Ensino da Lingua Galega, vicesecretario xeral da Universidade da Coruña e Xerente da Universidade da Coruña, cargo que exerce na actualidade.-Outros postos: xefe do servicio de control normativo e normalización lingüística, xefe do servicio de xestión, asesoramento e coordinación lingüística (ambos na consellería de educación) xefe do servicio de xestión universitaria da universidade da Coruña. -Foi membro do Consello Coordinador de publicacións da Xunta de Galicia e da comisión permanente, en representación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.-É secretario da Comisión de Informática da Universidade da Coruña.-É secretario da Comisión de Avaliación da Universidade da Coruña.