E doutor en historia (1990) pola Universidade de Santiago de Compostela e (dende 1994) profesor titular de historia dos movementos sociais no Departamento de Socioloxía da Universidade da Coruña, onde imparte historia contemporánea e historia do pensamento político e coordina o Grupo de Estudos Territoriais. Foi profesor invitado na Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales de París e realizou estadías de investigación en centros como o ISCTE (Universidad de Lisboa), o Laboratoire d’Anthropologie Sociale, la Maison des Sciences de l’Homme (París) ou o Instituto de Investigacións Sociais (UNAM, México DF). Ten impartido conferencias e seminarios en prestixiosas universidades de Portugal, Francia, Italia, Grecia, Reino Unido, Suecia, México e Estados Unidos. En 2012 a axencia española ANEP recoñeceulle a acreditación para catedrático de universidade.
E autor de 75 publicacións no eido da historia e das ciencias sociais, en revistas como Annales, Histoire Urbaine (Francia), Urban History (UK), Storia Urbana (Italia), Ler Historia (Portugal), Prohistoria (Argentina), Agricultura y Sociedad, Historia Contemporánea ou Historia Social. Nos anos 1990 a súa investigación centrouse na historia agraria de Galicia: cabe destacar o seu libro “Tierra, trabajo y reproducción social en una aldea gallega, S.XVIII-XX” (1992). Dende entón ten reorientado a súa investigación cara o campo dunha historia urbana comparada (en torno ás relacións entre planificación urbana, acción colectiva e políticas de memoria). Entre as súas publicacións mais recentes cabe citar “City, Housing and Welfare in Spain, from the Civil War to Present Times” e “Reconstruyendo la ciudad norteamericana a través del cine: el Downtown de Los Angeles”. Foi Investigador Principal de 6 proxectos de investigación (Xunta de Galicia) e de varios contratos de asistencia técnica con administracións públicas, e ten participado noutros dez proxectos de ámbito europeo, estatal ou autonómico. De cedo implicouse na incorporación das novas tecnoloxías á historia. Os seus dous últimos proxectos de investigación (“Patrimonio de Futuro” e “Historia Urbana de Galicia”) implican a construción de dúas páxinas web: “Ferrol Urban History” (en inglés e español) aloxada dende 2005 en Cambridge Journals Online; e “Historia Urbana de Galicia” (en galego, español e inglés), actualmente en vías de finalización.
Na actualidade é vice decano da Facultade de Socioloxía. Ten sido membro do comité científico ou do consello de redacción de revistas como Prohistoria, Techniques et Cultures, Arquivos da Memoria, Historia Social ou Cuadernos de Estudios Gallegos. A súa traxectoria foi merecedora da concesión do Premio Extraordinario de Doutoramento (1992), o Premio Xunta de Galicia ao mellor artigo en Ciencias Sociais (1993) e o H.J. Dyos Prize in Urban History (2005), que lle foi outorgado polo Centre for Urban History (Reino Unido). Está, felizmente, casado e é o pai de tres fillas.