Ramón Mª del Valle-Inclán


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 28 de outubro de 1866 (†5 de xaneiro de 1936)
Lugar de Nacemento: Vilanova de Arousa (Pontevedra)
 Currículum

Ramón Valle Peña (ese era o seu verdadeiro nome), estudia o Bacharelato en Pontevedra e parte da carreira de Dereito na Universidade de Santiago. Despois da morte do seu pai viaxa a Madrid e entra en contacto co ambiente literario da cidade. Posteriormente viaxa a México e Cuba. En 1935 regresa a España e pasa os últimos meses da súa vida internado nun Sanatorio en Santiago.

 Obras realizadas

A producción narrativa de Valle-Inclán comeza a finais do século XIX con relatos en publicacións periodísticas. En 1903 compilou catro historias en Corte de amor y escribiu os contos de Jardín umbrío. As historias de Feminas e outras máis publícanxe no volumen Historias perversas en 1907. En todas estas obras Valle-Inclán reflexa a paisaxe e a vida rural en Galicia. A súa consagración como novelista chega nos anos 1902-1905 coa publicación da tetraloxía Sonatas: Sonata de otoño (1902), Sonata de estío (1903), Sonata de primavera (1904) e Sonata de invierno (1905). En 1904 publica tamén Flor de Santidad e en 1908 e 1909 saca á luz a triloxía La guerra carlista sobre as tensións da última guerra civil. Esta triloxía está formada por Las cruzadas de la causa (1908), El resplandor de la hoguera e Gerifaltes de antaño (1909). En 1912 e 1913 publicou por entregas en El Imparcial a súa obra La lámpara maravillosa, na que teoriza sobre a súa estética e mística. A súa visión degradadora da realidade maniféstase nas súas últimas novelas como Tirano Banderas (1926). Valle-Inclán pensaba novela-la historia española desde 1868 ata a morte de Alfonso XII nun ciclo titulado El Ruedo Ibérico. Deste ciclo só se publicou a primeira triloxía Los amenes de un reinado composto polos volumes La corte de los milagros (1927), Viva mi dueño (1928) e Baza de espadas (1932). Polo que se refire á poesía, é o autor de tres composicións: Aromas de leyendas (1907), La pipa de Kif (1919) e El Pasajero (1920). A súa producción teatral iníciase con El Marqués de Bradomín (1906), El yermo de las almas (1908), Cuento de abril (1910), Voves de gesta (1912) e La cabeza del dragón (1914). Publicou ademais La marquesa Rosalinda (1913), El embrujado (1913), Farsa y Licencia de la Reina Castiza. Posteriormente transformará a súa técnica reflexando o sentido tráxico da vida española por medio dunha estética baseada na deformación da realidade denominada "esperpento". Así, someterá ós seus personaxes a unha deformación física e psíquica. Esta técnica esperpéntica refléxase nas seguintes obras teatrais: Luces de Bohemia, Martes de Carnaval, triloxía composta por Los Cuernos de Don Friolera, Las galas del difunto e La hija del capitán e a serie Retablo de la avaricia, La lujuria y La muerte (1927), que é unha compilación das pezas Ligazón, La rosa de papel, La cabeza del Bautista, El embrujado e Sacrilegio.