Eva Corral


Categoría: Pintora
Data de Nacemento: En 1970
Lugar de Nacemento: Barcelona

   Cultura
 Currículum

Afeccionada ó debuxo e a pintura desde nena, contactou co pintor López Guntín para coñece-las técnicas do pincel.

 Obras realizadas

Realizou a súa primeira exposición en 1998 nunha mostra colectiva organizada pola asociación cultural ‘Xermolos’ de Guitiriz. En 1999, cedeu algunhas obras á organización ‘Manos Unidas’ para expoñelas na mostra colectiva dos artistas plásticos de Lugo no edificio da Xunta de Galicia. En 2005 expón as súas obras xunto co seu pai, o escultor Víctor Corral, nunha exposición itinerante organizada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.