Ramón Romay y Giménez-Cisneros


Categoría: Militar
Data de Nacemento: En 1764 (†1849)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Ingresou con 16 anos no Colexio Naval de Ferrol para inicia-la carreira na Armada, coa que navegou durante 15 anos por todo o mundo. Tomou parte moi activamente na Guerra da Independencia, tanto en batallas navais como en combates terrestres. Tivo que exiliarse en Inglaterra despois de apoia-la sublevación de Porlier. Ó restaurarse a Constitución en 1820, puido regresar e ó ano seguinte foi nomeado comandante xeneral militar da provincia de Vigo. Rexeitou ser ministro e senador para permanecer no seu posto, que tivo que abandonar en 1823 para exiliarse de novo en Inglaterra. Cando regresou, en 1833, defendeu Bilbao durante a primeira Guerra Carlista. En 1836 foi nomeado comandante do Departamento Naval de Cádiz e en 1843 designado capitán xeneral da Armada, o máis alto cargo para un mariño.