Antonio Noriega Varela


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 19 de outubro de 1869 († 27 de marzo de 1947)
Lugar de Nacemento: Mondoñedo (Lugo)
 Currículum

Era sobriño dun crego, o que fixo que estudiase no Seminario e fixese dous cursos de Teoloxía ata que os abandonou definitivamente. En 1895 obtivo un premio nun certame literario en Mondoñedo coa súa composición De ruada. Foi amigo de Leiras Pulpeiro e os seus primeiros poemas teñen algunhas coincidencias cos de Leiras. En 1902 casou con Ramona Bello Mariña, coa que tivo seis fillos e un ano despois do seu falecemento, en 1913, casou de novo con Dorinda Almansa Vázquez que lle deu sete fillos máis. En 1927 foi nomeado membro da Real Academia Galega.

 Obras realizadas

Salvo a Virxen e a paisanaxe (1913), que é unha selección de cántigas populares dedicadas á Virxe e Cómo falan os brañegos (1928), que é unha colección de ditos, refráns e cantares populares, Noriega Varela é autor dun único libro que sufriu varias transformacións e que se titulou Montañesas en 1904 e 1910 e Do ermo en 1920, 1929 y 1946. O poeta modificou ou suprimiu antigas composicións ou foi engadindo outras novas ata a edición definitiva en 1946. Describe a natureza nas súas composicións, centrándose nas cousas humildes da paisaxe da montaña.