Ramón Paz González


Pseudónimo:Moncho Paz
Categoría: Xornalista e consultor de comunicación.
Data de Nacemento: 29 de xullo de 1970
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
Teléfono: 629 894 269 - 629 888 249
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Licenciouse en Ciencias da Información (rama de Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid, inscrito co número 29 no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Especializado en Comunicación Corporativa e en Xestión Empresarial, comezou a súa andadura profesional en 1988 no xornal El Progreso de Lugo, onde na actualidade segue colaborando nas páxinas de "Opinión" e "Cultura". Forma parte do staff de redacción de Código Cero, Revista de Noticias Tecnolóxicas de Galicia. É membro da Asociación de Xornalistas de Galicia, da Asociación de Directivos de Comunicación (DirCom), do Club de Expertos Euro da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e do Instituto de Estudios Chairegos (Vilalba, Lugo). Foi director da revista “Petroglifo” e responsable de prensa da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia. Desde 1996 desempeña o cargo de consultor de comunicación en IDOM, S.A. (empresa multinacional de servicios profesionais de Enxeñería, Arquitectura e Consultoría).

 Obras realizadas

Entre as súas publicacións destacan: Destino: Mozambique (reportaxe en El Progreso), Cela, Periodista, prólogo ó poemario Loita de silencio de Xosé Miguel Barrera, El Progreso, diario de Lugo y su provincia (estudio publicado na revista “Lucensia”) e La Obra poética de Antonio García Hermida, incluída no libro Os poetas de Villalba, así como numerosos artigos sobre comunicación e xestión empresarial.