Ramón Manuel Astray Vázquez


Pseudónimo:Ramón Astray
Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 13 de novembro de 1964
Lugar de Nacemento: A Coruña

   Cultura
 Obras realizadas

Realizou as seguintes exposicións: Museo Provincial "Elisa Cendrero" (Ciudad Real, xuño, 2004), "The ogarth Health Club" (Londres, setembro, 2002), Americo Tavar (Oporto, setembro, 2001), Virage (Lisboa, outubro, 2001), Sala Teucro (Pontevedra, agosto, 1999), Biblioteca Pública "Miguel González Garcés" (A Coruña, xullo, 1999), Ateneo de Ourense (Ourense, xuño, 1999), Galería "Plecs d'art" (Barcelona, xuño, 2004), Concello de Palau Saberdera (Xirona, maio, 2004), III Salón Internacional de Artes Plásticas "Sant Jaume de Llierca" (Marzo, 2004), Caixa de Galicia, Grupo Crisis (Madrid, novembro, 2000), 18º, 19º e 20º supermercado de arte "American Prints", Feira Mercado dos Artistas Españois (San Paolo Converso, Milán, 2000) e Profearte (Estación de Atocha, Madrid, decembro, 1999). Participou no atrezzo e cartel promocional da longametraxe Cuaderno de Fortesende (2002) dos directores Manuel Hermida e Rafael Toba. Cedeu a súa obra para o documental do director Alber Ponte Lorca, Santiago. Seis poemas gallegos (Xaneiro, 1999). Realizou as ilustracións para o cartel promocional do documental de Rafael Toba Los cuadros perdidos, baseado na etapa coruñesa de Picasso.

 Outros datos de interese

Recibiu o 2º premio do V Certame de Pintura Erótica Sex Hai2egoa (2002). Foi seleccionado na 3ª Edición do Certame de Pintura Palau Saberdera 2004, no XIX Certame de Pintura "Pintor Sorolla" (Elda, Alacante), na VII Edición do Certame de Artes Plásticas (Lugo, 2001) e na III Bienal de Pintura "Gran Bazan" (1997).