É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor, entre outras, da Universidade Complutense de Madrid, do Centro de Estudios Universitarios "CEU" e do Centro de Estudios Superiores Bancarios. Foi, tamén, fundador e profesor da Escola de Directivos de Empresa "San Fernando" (Madrid) e impartiu cursos máster en "Nort Consult". Ocupou os cargos de conselleiro do Consello Xeral da Emigración, vicepresidente do Consello de Comunidades Galegas e outros dentro da executiva do PP coruñés. É deputado do PP no Parlamento de Galicia.