Prolífico músico e compositor para cine, teatro e TV. Autor de diversas bandas sonoras que suman galardóns con numerosos Premios Mestre Mateo, Premios AGAPI e Premios Chano Piñeiro dentro do ámbito audiovisual nacional. Cearâ (Fortaleza, Brasil) no internacional e Premios María Casares polas súas composicións para teatro. Nunca abandonou os escenarios tanto co rock’n roll (actualmente Di Elas e Os Resentidos), como co grupo de teatro do que forma parte (P.T Excéntricas; Mofa e Befa).
Actualmente, retoma e presenta as actuacións en solitario con Galego-Go-Blues e 13 Profecías de 'Los Contentos'.
A súa obra ten identidade propia e sempre está na percura de novos camiños e sensibilidades. Considerado un artista musical, destaca por modificar instrumentos para conseguir diferentes sonoridades.
Comeza en Lugo-Galicia-España-Europa-Mundo a súa inquedanza musical. Na casa do veciño do 5º, tocando flauta e ocarina (no sentido literal, grazas) e interpretando melodías que escoitaba na TV: Sandokán, Orzowei ou Mazinger Z. Tiña 6 aniños (el, o veciño moitos máis)
Aos 8 anos, pasantía de guitarra e solfeo co seu pai, o profesor Vicente Germán Sanz, nun intento fallido para que deixe a frauta, misión imposible, pero conseguindo unha guitarra de balde.
Con 10 anos, entra na orquestra do colexio Aneja como primeiro xilofonista. Así empeza o seu gusto polo multi-instrumentismo. Segue con solfeo e harmonía, cousa que desgusta pero agradecerá no futuro, sobre todo a harmonía.
En plena adolescencia tardía, moi acorde co seu carácter, céntrase nos instrumentos de corda. Mais polo miúdo: guitarra, zanfona, laúde, baixo, dobro, viola braguesa e… frauta? En fin, todo aquilo que atrae na adolescencia.
Despois de aprender o oficio e gravar en distintos estudios con bandas locais (Pisclú, Sindikato Agrario…) xunta un grupo con Fran Lamas, Fito e Bambi que deixa pegada no mundo underground ou alternativo: LOS CONTENTOS. No seu momento, rescatan clásicos dos 60´s e 70´s (moi pouco apreciados no público 80´s) como: MC5, STOOGES, NYDOLLS, RADIO BIRDMAN, SMALL FACES, FOGERTY , etc. Bandas desa pouca sona ;-). Tamén achegan dous discos-vinilo (cotizadísimos por calidade e escaseza) ao comercio rockeiro de colección, con temas propios e homenaxes a 13th FLOOR ELEVATORS e KINKS. Finalmente producen un video-clip memorable, dirixido e realizado por dous rapaces descoñecidos nese momento: Jorge Coira e Luís Tosar.
Ano 94. A Piti Sanz dálle un aire e abandona todo (menos mal). Exíliase en Compostela e busca acougo perto dos seus colegas Coira e Tosar. A Luís, tan perto, coma que deciden vivir no mesmo piso (pero distinta habitación!).
Sanz traballa como técnico de son de teatro con Ollomoltranvía ou Mofa e Befa, entre outros. Unha vida dura chea de camión, toneladas de ferro, amplificadores, cable, montaxes difíciles e drogas circulando por uns riles que non poderá doar por moito que cante a canción. Empurrado por Tosar e Fran Pérez Narf, comeza a compoñer para estes grupos con moi boa acollida. Deixa as estradas, as drogas maléficas, e gaña o seu primeiro ‘MARÍA CASARES de Música para Teatro’. Na actualidade ten tres e unha morea de nominacións… Pero isto é un rollo.
Aproveitando o tirón, colabora e grava con bandas de renome internacional. Nunca as cita por modestia, pero os datos están aí. Alá el. Métese na lea do audiovisual máis perdido ca un Cristo en Musulmania… Funciona, agrada, gusta… E seguindo esa teima underground que o caracteriza ou, máis ben, persegue, presenta grandes traballos en filmes tan recoñecidos como alternativos… Xa ten catro ‘MESTRE MATEO de música do audiovisual’ e non-sei-cantas nominacións. Ben por el, pero vaia rollo.
É nominado co seu amigo Tosar ós GOYA… (Wow!) pola canción “Esa Luz” da película de Bollaín Mataharis. Retíranlles a candidatura ao terceiro día segundo as escrituras. Evidentemente, caralladas e abusos da academia dos Goya….¿aportaron probas? OS ÚNICOS QUE APORTARON PROBAS (DEFINITIVAS) FORON SANZ E TOSAR CA PRODUCTORA “LA IGUANA”…. Pero a “ACADEMIA” Xa tiña impresas as papeletas sen ésta canción…… pero a Piti iso impórtalle nada. Acaban de morrer o seu pai e Fran Contento, entre outros. Unha etapa difícil na que Sanz (menos Contento) declara: -Vai frío hoxe?, -Veño agora mesmo! ou -Vou comer un bocata! (información non contrastada).
Hoxe en día, Sanz segue no mesmo. Teatro, cine e TV. Con Mofa e Befa actúa e compón. Con Luís montou a banda DI ELAS. Teñen un discazo producido e mezclado por Sanz e Campos, que seguramente acabe convertido nun superclass alternativo underground. Cousa de moito mérito, sendo a banda: Luis Tosar, Piti Sanz, Laxe, Muñoz e Alonso. Fichou por OS RESENTIDOS para facer duo guitarreiro con Soto (por considerar a Soto un dos mellores Rock-Guitar de Europa) e está facendo as orquestacións da banda.
Din que está vivo (Sanz) pero que no último ano estivo dúas veces…tres veces! na barca de Caronte ainda que finalmente, non cruzou (a piques estivo, ah! esas motos, coches etc…..). Iso levoulle a arrancar un proxecto persoal de poemas manchados, PALINODIAS, unha especie de punkromanticismo, musicado... Algo de colección que non pega con éstes tempos de “usar e tirar”… Tamén publicou o libro de LOS CONTENTOS e axudou no disco homenaxe á banda …. Lanzouse á estrada. Actúa en solitario GALEGO-GO-BLUES. Mistura o Blues co tradicional por que: “- A pentáfona está en todo o mundo…Todo” Segue a currar nisto. . . Premio en Brasil e mais curro por alá (non por Alá, non. Por alá). Pero non hai que fiarse do run-run. Do que lle conten, nada; do que vexa, a metade; e do que escoite, eh! Escoite!!
Dentro da súa obra como compositor, cabe destacar:
2015. Tratamento sonoro e musical con Dani Guzmán para a súa película “A cambio de nada” publica o disco virtual Coversions.
2015. Orquestación e arranxos dos temas de Os Resentidos para a histórica Banda Municipal de Ribadavia LA LIRA no seu 175 aniversario.
2014. BSO película “Los Fenómenos” de Alfonso Zarauza para Zircozine e Maruxiña Films Company. (premiada como Mellor Trilha Sonora Original na 24º Cine Ceará Festival Iberoamericano de Cinema, Brasil)
2014. Música da serie de TV Casa Manola (Filmanova).
2014. Videoclip Canto de Sirena (premio Mestre Mateo).
2014. Publica libro autobiográfico: Cuando Ríes, Los Contentos (Unos Malditos Pioneros del Garage), Piti Sanz/Fernando Rego.
2014. Música da obra de teatro “Da Vinci Tiña Razón”. Dirección Quico Cadaval Compañía P.T. Excéntricas.
2013-2007. Dirección colectiva. Como músico e actor, Obra de Teatro Sempre ó Lonxe de P.T. Excéntricas.
Música serie de TV Era Visto! para Zopilote.
Música e actor na obra de teatro “Románticos” dirixida por Quico Cadaval de P.T. Excéntricas.
2012. Obra de teatro Oeste Solitario para P.T. Excéntricas.
2011. BSO película 18 Comidas de Jorge Coira para Tic Tac Producciones, Zircozine e Lagarto Cine. (premio Mestre Mateo mellor música).
2010. Serie de TV O Nordés (Zopilote y CTV).
2009. BSO película La Noche que Dejó de Llover de Alfonso Zarauza para Iroko Films e Perro Verde Films. (premio Mestre Mateo mellor música).
2007. Canción Orixinal “Esa Luz” para a película Mataharis de Iciar Bollain.
2007-2003. Música orixinal para a serie de tv Terra de Miranda de Voz Audiovisual, e os programas de televisión Mundo Verbena (Voz Audiovisual) e Pepe o Inglés (CTV e Zopilote).
2003. BSO para a película Entre Bateas de Jorge Coira (Continental Producciones e TVG). (Premio Mestre Mateo mellor música).
DISCOS (propios e colaboraciónes)
2015. Piti Sanz (Coversións).
2014. Los Contentos 3 (Unknown Pirate:Live!).
2010. Di Elas “Di Elas”.
2007. Especial Andrés do Barro de TVG.
2002. Stay Pretty “Stay Pretty”.
2000. Siniestro Total “Historia del Blues” (colaboración).
1999. Los enemigos. Doble directo “Obras Escocidas” (colaboración).
1990. Los Contentos II.
1989. Los Contentos I.
…Músicas que funcionan no cine. Outras sonoridades. Músicas que non están feitas con grandes orquestras, aguantan o paso do tempo e fan crecer a película. Traballamos así… e aprendemos de mestres… unha opción seria e agradecida.
Premios
1999. Finalista nos premios de teatro María Casares (mellor música orixinal) con “Qui Pro Quo” de Ollomoltranvía.
1999. Gañador premios María Casares mellor música orixinal por “Finis Mundi Circus”.
1999. Finalista nos premios de audiovisual AGAPI (mellor música orixinal) pola música da película “A Danza de Katiuska”.
2000. Gañador premios María Casares de Teatro, mellor música pola composición para o C.D.G. de “Si o Vello Simbad Volvese Ás Illas”.
2001. Gañador premios María Casares mellor música orixinal para teatro por “Ñiki Ñaque” de Ollomoltranvía.
2002. Finalista premios María Casares pola música de “Policía”.
2002. Finalista premios Chano Piñeiro de audiovisual pola música de “Terra de Miranda”.
2003. Finalista premios Mestre Mateo de audiovisual pola música de “Terra de Miranda”.
2003. Gañador premios Mestre Mateo de audiovisual pola música da película “Entre Bateas”.
2002 e 2004. Composición e dirección musical do programa Rei da Comedia Tvg.
2004. Finalista premios Mestre Mateo audiovisual música “Terra de Miranda II”.
2004. Director musical da Tri Bus Band Xacobeo 04.
2005. Finalista Mestre Mateo mellor música por “Miranda”.
2005. Músicas de “Pepe o Inglés” “Perdelo Todo”.
2006. Finalista Mestre Mateo Música “Terra de Miranda”.
2006. Director da orquesta do programa “Mundo Verbena”.
2007. Finalista Mestre Mateo mellor música por “Pepe o Inglés”.
2007. Finalista María Casares mellor música de teatro con “Sempre ó Lonxe”.
2007. Nominación (polémica) ós Goya mellor canción orixinal “Esa Luz” para a película de Iciar Bollaín “Mataharis” (polémica, que nos retirasen a nominación sen motivo, cabr…).
2008. Finalista Premios Mestre Mateo de Audiovisual: mellor música “Air Galicia”.
2009. Gañador Mestre Mateo mellor música para cine pola película “La noche que dejó de Llover”.
2010. Gañador Mestre Mateo música audiovisual pola música de “O Nordés”.
2011. Gañador Mestre Mateo pola música da película “18 comidas”.
2012. Finalista María Casares mellor música de teatro por “Oeste Solitario”.
2013. Finalista dos premios Mestre Mateo a Mellor Música pola serie “Era Visto”.
2014. En Da Vinci tiña Razón, o mestro Juan Cejudo acercouse a él e dixolle: -Moi boa música, acertada no estilo, na intención, a execución… Noraboa… (Se o di Cejudo, nin premio nin ná… é de curriculum).
2014. Publica o libro autobiográfico 'Cuando Ríes, Los Contentos' (uns malditos pioneiros do Garaxe) (Piti Sanz/Fernando Rego).
2014. Finalista Premios do audiovisual Premios Mestre Mateo na categoría de “Mellor Música Orixinal”.
2014. Gañador Mestre Mateo a Mellor Videoclip coa súa canción, autoprodución sen medios, apropiacionismo e algún debate: Canto de Sirena. Meses despois, plantexase o cambio de bases nos premios “Mestre Mateo”, decisión que todos celebramos.
2014. Gañador premio mellor música pola peli Los Fenómenos no 24º Certamen de Cine Iberoamericano de Ceará, Brasil (éste é grande ainda que nos medios Galegos non se fixeran eco, así nos vai).
Discos (propios e colaboracións)
1989. Los Contentos I.
1990. Los Contentos II.
1999. Los Enemigos. Doble Directo “Obras Escocidas”(colaboración).
2000. Siniestro Total “Historia del Blues”(colaboración).
2002. Stay Pretty “Stay Pretty”.
2007 Especial “Andrés do Barro”de tvg. (músico y dirección musical).
2010. Di Elas “Di Elas”.
Ademáis das súas composicións para teatro, cine e televisión, actualmente forma parte do grupo de rock “Di Elas” que lidera xunto a Luis Tosar.
2013. Os Resentidos. Ficha como guitarrista pola mítica banda Os Resentidos. Fai parella guitarrera con “Soto Siniestro”.
2014. Inicia o seu camiño solitario en directo como Piti Sanz. Fanzine, PALINODIAS, Los Contentos…
Forma parte de “Mofa e Befa” como músico e actor (con Victor Mosqueira, Evaristo Calvo e Quico Cadaval).