Rafael Lampón González


Data de Nacemento: En 1960
Lugar de Nacemento: Dodro (A Coruña)

   Cultura
 Currículum

Realizou o bacharelato no Instituto Camilo José Cela de Padrón, e posteriormente os de Técnico en Contabilidade en Santiago. Despois do servizo militar iniciou os estudos universitarios de Ciencias Empresarias na USC e posteriormente na UNED.
Profesionalmente é funcionario dende o ano 1982, na actualidade adscrito á Dirección Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia.
Tanto os seus estudos como a súa actividade profesional teñen pouco ou nada que ver coa arte, pero o debuxo e a pintura sempre foi unha vocación que tivo dende neno, aportando á súa vida outra perspectiva distinta pero moi agradable.
A súa formación é autodidáctica, aínda que asistiu, hai anos, a obradoiros de artistas recoñecidos como Xurxo Martiño, en Santiago, e B. B. Brodard, a clases de debuxo e óleo.
Na actualidade fai traballos de acuarela sen esquecerse do debuxo a lapis e carbón; porque o que realmente lle gusta é o debuxo rápido e instantáneo, de primeira impresión, de apuro e compromiso, posuído por unha febre que pon en xogo tódolos sentidos, en definitiva, debuxar e pintar ó mesmo tempo, case rematar antes de empezar. Ten a teima que algún día o conseguirá.
 

 Obras realizadas

Exposicións colectivas:
-2000. 1ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
-2001. 2ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
-2002. 3ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
-2003. 4ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
-2004. 5ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
-2004. Mostra das Culturas, Boiro 2004.
-2005. 6ª Arte Mostra Artistas en Padrón.
-2005. I Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.
-2006. II Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.
-2007. III Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.
-2008. IV Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.
-2009. V Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.
-2009. 7ª Arte Mostra Artistas en Padrón. Santiaguiño do Monte 2009.
-2009. XII Premio de Pintura Terras de Iria.
-2010. VI Mostra de Arte de Empregados da Administración Autonómica.