Toño Casais


Categoría: Actor
Data de Nacemento: 28 de Setembro de 1976
Lugar de Nacemento: Cee (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Formación

1999. Curso de Arte Dramática da USC. Impartido por Roberto Salgueiro.

1999-2000. Escola D´arts Interpretatives Xavier Gratacós (Barcelona). Profesores: Julia Reiffs, Xavier Lite, Xavier Calderer, Pere Riera.

2001. Método de análise da conducta do personaxe a través das accións físicas da UDC. Impartido por Álvaro Guevara e Tatiana Likhacheva.

2004. Técnicas de Clown de Circo. Impartido por Carlo Colombaioni.

2004. Estratexias para mellorar o rendemento físico e psicolóxico dos actores. Da AADTEG. Profesores: Josefa Rivas, Ramiro Fernández, Candelaria González e Steffan Otto.

2006. Curso de iniciación á dobraxe. Impartido por Luis Iglesia.

 Obras realizadas

Experiencia Profesional (últimos traballos)

Teatro:

2014: Demolición, de Cándido Pazó: Talía Teatro. Dirección: Cándido Pazó.

2013: Xango, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina, de Diego Rey: Talía Teatro. Dirección: Diego Rey.

2012: O Método Grömholm de Jordi Galcerán: Talía Teatro. Dirección: Xúlio Lago.

2011: Pelos na Lingua de VV.AA. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Roberto Salgueiro.

2010: Volpone de Ben Jonson. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Roberto Salgueiro.

2009: Palabras encadeadas de Jordi Galcerán. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Artur Trillo.

2008: E ti quen vés sendo? de Cándido Pazó. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Cándido Pazó.

2006: O Merlo Branco de Cándido Pazó. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Artur Trillo.

2006: Esperando a Godot de Samuel Beckett. Compañía: Talía Teatro. Dirección: Roberto Salgueiro.

2005: Seis personaxes á procura de autor de Luigi Pirandello. Compañía: Centro Dramático Galego. Dirección: Xúlio Lago.

2005: Ricardo III de William Shakespeare. Compañía: Centro Dramático Galego. Dirección: Manuel Guede.

2004: O Encoro de Connor McPherson. Compañía: Teatro do Atlántico. Dirección Xúlio Lago.

 

Audiovisuais

Actor na serie Serramoura.

Actor e guionista cos personaxes Pascual e Marcial no Luar da TVG.

Actor e guionista cos personaxes Paco e Pepe no Luar da TVG.

Protagonista da longametraxe O Bonito Crime do Carabineiro de Zenit Televisión.

Personaxe fixo na serie Valderrei, de Zenith Televisión, interpretando ó personaxe de Félix. (90 capítulos).

Personaxes episódicos nas series: Pequeno Hotel, Rías Baixas, Escoba, Libro de Familia e Pepe O Inglés.

Curtametraxes “No Tocar” e “Mil Estrelas” da Escola de Imaxe e Son de A Coruña; “Sala de espera” da Escola de Imaxe e Son de Vigo.

Curtametraxe “O Cheque” de Estebo Silva.

Curtametraxe “Unha para todos” de Carme Rey.

 Outros datos de interese

Premios

2005. Mellor actor secundario, nos premios María Casares, por O Encoro.

2007. Mellor Actor protagonista, no Festival de Teatro FETEGA, por Esperando a Godot.

2007. Nominado ó Mellor actor protagonista, nos premios María Casares, por Esperando a Godot.

2010. Mellor actor protagonista, nos premios María Casares, por Palabras Encadeadas.