En 1935 iniciou estudios de Medicina en Madrid, que tivo que interromper en 1936 para entrar na Sanidade Militar do Exército do Sur. Finalizada a contenda, reanudounos en 1939. En 1942 iniciou en Madrid as súas actividades de comentarista, especialmente musical, en Radio Nacional de España, empezou a publicar traballos nunha serie de revistas tales como "Haz" e "Játiva", pronunciou conferencias, escribiu narracións, etc. Pertenceu e foi amigo de case toda a xeración de Federico Muelas, Euxenio Montes, Pombo Ángulo, Salvador Valiña, do musicólogo Sopeña, do pianista Tomás Andrade de Silva, etc. Na revista "Haz" colaborou xunto a Camilo José Cela, Torrente Ballester, García Nieto, Leopoldo Panero, e incluso a un Valle-Inclán póstumo. En 1947 foi chamado a Monforte de Lemos para facerse cargo do negocio farmacéutico familiar. Despois dun impasse de varios anos, Andrade integrouse en medios culturais vernáculos con Piñeiro, García Sabell, Fole e logo con xeracións posteriores como Novoneyra, Camilo Gonsar, Patiño, Grandío, Allué Andrade, etc.
Deu varias conferencias, escribiu artigos na revista "Haz" e publicou o libro Ista é unha pequena hestoria de Amor e de Noites. Ademais, dentro das emisións de Radio Nacional de España, fixo as "Contrapunto", "Efemérides", "Generalidades" e "Varios".
A súa poesía foi homenaxeada nunha edición especial feita polo Concello de Monforte de Lemos en 1984.