Rafa Villar


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 2 de abril de 1968
Lugar de Nacemento: Cee (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, foi cofundador do Batallón Literario da Costa da Morte e do consello editorial da colección de poesía "Letras de Cal". Na actualidade forma parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e é membro da xestora nacional da plataforma cidadá "Nunca Máis".

 Obras realizadas

Publicou os seguintes libros de poesía: Liques da memoria (Caixa Galicia, 1993), O devalo do mar (edición do autor, 1994), No mesmo espacio (Edicións do Dragón, 1995), A sotavento dunha singradura (Espiral Maior, na colección "A illa verde", 1995), O tributo da tarde (Editorial Toxosoutos, 1997), Casa ou sombra (Edicións Xerais, 1997), Illa dentro (Edición en Internet, 1998), Ícaro (Ediçoes Tema, 1999, Retagarda Edicións, 2000) e Días de Sherezade (Espiral Maior, 2000).