Carlos Velo Cobellas


Categoría: Guionista e director de cine
Data de Nacemento: En 1909 (†1 de marzo de 1988)
Lugar de Nacemento: Cartelle (Ourense)
 Currículum

Fai o bacharelato en Ourense e Biolóxicas na Universidade de Madrid. Con Luis Buñuel, ó que coñeceu na Residencia de Estudiantes, funda un dos primeiros cineclubs de España. Despois de licenciarse dá clases de Biolóxicas na Universidade Central e forma parte das Misións Pedagóxicas que auspicia o Instituto Libre de Ensinanza.

 Obras realizadas

Realizou varios documentais entre os que destacan: La ciudad y el campo, Almadrabas, Castillos de Castilla, Felipe II y El Escorial, En un lugar de Castilla, Saudade, Galicia,... Trala Guerra Civil exíliase en México e alí realizou os guións das longametraxes: Entre hermanos, La barraca, Vértigo e La Selva de fuego. Realizou varios longametraxes, entre as que podemos destacar: Torero, Chistelandia, Nueva Chistelandia, Vuelve Chistelandia, Pedro Páramo, Don Juan 67, Cinco de chocolate y uno de fresa, Secreto eterno, Alguien nos quiere matar,... Tamén realizou as curtametraxes: Un día en la radio, Pintura mural mexicana, Cine Verdad, El corazón de una ciudad, El medio pelo, Cartas del Japón, Universidad compartida, El mar y los hombres, Adiós a la República,... Como actor participou na película 2604 e no documental El pueblo maya.

 Outros datos de interese

En 1984 a Xunta de Galicia concedeulle o premio "Mestre Mateo" das Artes e foi obxecto dunha retrospectiva nas Xornadas de Cine do Carballiño en 1985.