Pucho Boedo


Categoría: Cantante
Data de Nacemento: En 1928 (†26 de xaneiro de 1986)
Lugar de Nacemento: Silva - Ramalleira (A Coruña)
 Currículum

Tralo fusilamento do seu pai e un irmán durante a Guerra Civil, Pucho Boedo atopou consolo na música. En 1953 gañou un concurso radiofónico e contratárono como cantante da orquestra “Os Trovadores”. En 1955 viaxou coa orquestra “Satélites” a Venezuela, onde permaneceu uns anos e conseguiu grandes éxitos. Uns anos máis tarde foi reclamado polo grupo “Los Tamara”, triunfando en Marsella, Alemaña e Suíza.

 Obras realizadas

Cancións como "Camino de Sahara", "Pide", "Twist", "Mi tierra gallega" ou "Sirtaki" foron grandes éxitos pero foi a mediados dos anos 60 cando conseguiron un éxito sen precedentes coa gravación da primeira canción pop en galego titulada "Galicia terra nosa". Posteriormente conseguiron outros éxitos e convertéronse no primeiro grupo da historia en editar un disco integramente en galego. Antes da súa morte aínda conseguiu gravar outro disco con “Los Tamara” chamado "Volvendo".

 Outros datos de interese

Recibiu dúas grandes homenaxes en Londres e A Coruña.