Benito Vicetto Pérez


Categoría: Novelista e historiador
Data de Nacemento: 21 de maio de 1824 († 28 de maio de 1878)
Lugar de Nacemento: O Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Despois da morte da súa nai, alistouse no exército como voluntario e participou na primeira guerra carlista. En 1852 trasládase á Coruña sendo moi ben recibido nos círculos literarios pola súa producción literaria. Despois de 1876 desempeñou a xefatura dun negociado no Goberno Civil ata pouco antes da súa morte.

 Obras realizadas

A producción novelística de Benito Vicetto é moi importante. Comeza en 1844 coa publicación de El caballero verde. En 1851 publicou unha colección de lendas titulada Crónicas españolas. Outras novelas destacables son Los Hidalgos de Monforte (1851), Cristina (1852), Rogín Rojal o el paje de los cabellos de oro (1855), Víctor Basbén (1874), Magdalena (1861), El Lago de Limia (1861), Las tres fases de amor (1867), El conde de Amarante (1872). Con respecto á poesía publicou en 1864 El eco de mi amor e a súa gran recopilación de poesías en Ecos del alma (1869). A súa obra histórica máis importante son os sete tomos da súa Historia de Galicia, que abarca desde a Prehistoria ata o reinado de Isabel II.