Pilar Taboada


Categoría: Pintora e escultora
Data de Nacemento: En 1934

   Cultura
 Currículum

Realiza estudios en Arte nas especialidades de Pintura, Gravado e Escultura en España, Francia, Inglaterra, Estados Unidos e Venezuela (1965-72).

 Obras realizadas

ACTIVIDADE ARTÍSTICA
Desde 1966 a 2002 participa en 253 exposicións colectivas en distintos países. Realiza 24 exposicións individuais en Europa, Asia e América. En calidade de invitada de honra, expón a súa obra en diversos actos conmemorativos oficiais e institucionais. A súa obra está representada en diversas galerías, museos, institucións e coleccións privadas de diferentes países destes tres continentes.

ACTIVIDADE DOCENTE
Especialidade: Pintura, Escultura e Gravado.
Credencial: Experta en Educación Artística. Expedida polo Instituto de Altos Estudios, INSEA, de Hamburgo (Alemaña).
Estudios en Arte:
Escola de Arte Luis Eduardo Chávez, Valencia (Venezuela).
-Universidade Simón Bolívar, Caracas (Venezuela).
-Instituto de Altos Estudios de INSEA, Hamburgo - Alemaña.
-Cursos Especiais no Museo dos Impresionistas (París), Museo Británico (Londres), Museo de Arte Contemporánea de Nova Iorque, Museo de Belas Artes (Venezuela), Instituto Federico Brandt (Venezuela).
-Complementa a súa formación artística e docente con viaxes de estudios en varios países de Europa e América.
-2000-2003: Coordinadora e docente do Centro de Extensión Cultural da Universidade José Antonio Páez, Valencia (Venezuela).
-1999-2003: Directora académica - fundadora da Aula Creativa da Irmandade Galega de Valencia (obradoiros e extensión) (Venezuela).
-1994-1999: Directora- cofundadora do Centro Piloto de Formación para as Artes Luis Eduardo Chávez do Ateneo de Valencia. Venezuela, directora de obradoiros e extensión.
-1989-1991: Directora- fundadora do Centro Piloto de Formación Artística e Docente AVAP-Carabobo, Asociación Venezolana de Artistas Plásticos (Venezuela).
-1987-1992: Conselleira do CLEA, Consello Latinoamericano de Educación pola Arte.
-1986-2002: Coordinadora do equipo de expertos en educación pola arte do Comité Venezolano de INSEA-UNESCO.
-1973-1993: Directora - fundadora da Escola de Artes Plásticas Taboada, afiliada a INSEA-UNESCO, Valencia (Venezuela).

ACTIVIDADE CULTURAL
-1999-2003: Secretaria de Cultura da Irmandade Galega de Valencia e directora fundadora da Galería HG e o programa ‘El Aula Creativa’.
-1998-2003: Directora de obradoiros e extensión do Ateneo de Valencia.
-1995-98: Vicepresidenta do Ateneo de Valencia.
-1991-98: Membro da Comisión Permanente de Artes Plásticas do Ateneo de Valencia.
-1990-92: Membro da Comisión de Cultura do Consello Superior da Cultura da Universidade de Carabobo, Congreso Creatividade 90. UNESCO Área de posgrado Universidade de Carabobo e responsable da área de Artes Plásticas e relatorio ‘La Creatividade en el Aula’.
-1991-93: Membro da comisión organizadora da edición 50 do Salón Michelena e do 50 Aniversario do Ateneo de Valencia no 60 aniversario da mesma institución e membro directivo da Fundación Teatro Municipal de Valencia.
-1990: Coordinadora executiva polo Comité Venezolano de INSEA-UNESCO para as III Xornadas Latinoamericanas de Educación pola arte e membro fundador de Funda Creatividade, Universidade de Carabobo.
-1990-91: Directora de arte e cultura da Corporación de Institucións Culturais de Carabobo (CICCA).
-1990-92: Directora de relacións institucionais internacionais da Comisión V Centenario do Descubrimento de América.
-1990-98: Presidenta do Centro de Investigación de Arte Iberoamericano, Caracas.
-1977-96: Asesora permanente en salóns nacionais de arte, Base Naval C.A. Agustín Armario, Puerto Cabello.
-1987-89: Delegada do Ateneo de Valencia. Ante Fedecámaras.
-1989-91: Coordinadora executiva nacional dos Salóns de Artes Visuais de Fedecámaras, Caracas.
-1986-89: Delegada ante Fundarte por Fedecámaras, Caracas.
-1986-92: Membro permanente do Consello Superior do Museo da Cultura de Valencia.
-1985-96: Presidenta da Comisión de Cultura e Belas Artes da Cámara de Comercio de Valencia.
-1985-87: Coordinadora da Comisión de Cultura e Belas Artes de Fedecámaras (Federación Venezolana de Cámaras e Asociacións de Comercio e Produción), Caracas.

ACTIVIDADE DE ASISTENCIA SOCIAL
-1995-98: Presidenta da Fundación Irmandade Galega de Valencia, atención ás comunidades, proxecto da Residencia Fogar Galego para a terceira idade.
-1989-91: Atención ás comunidades de menores recursos, artistas e artesáns polo Ministerio da Familia e AVAP Carabobo, Edo. Carabobo (Venezuela), programación e coordinación dos obradoiros e equipos de ‘Humanización e Decoración dos Espazos Habitables e Ornato de Áreas Exteriores’ dirixidos ás comunidades de menores recursos e obradoiros de capacitación e aprendizaxe permanente.

 Outros datos de interese

A súa obra figura no Museo Salón Arturo Michelena, Ateneo de Valencia (Venezuela), Museo Ramón María Aller de Lalín (Pontevedra), Museo Castillo Sotomayor (Pontevedra), Museo La Solaina (Las Cruces), Museo Provincial de Pontevedra, Pinacoteca Seguros Carabobo (Venezuela), Colección AVAP-Carabobo, Valencia (Venezuela), Deputación Provincial de Pontevedra, Pinacoteca da Universidade de Carabobo, Valencia (Venezuela), Pinacoteca da Universidade José Antonio Páez, Valencia (Venezuela), Academia Internacional Medicea, Palacio de Los Uficci. Florencia (Italia), Embaixada de Venezuela en España, Embaixada de Venezuela en Fukuoka (Xapón), Galería Studio Fecha, Caracas (Venezuela), colección do ex-presidente da Xunta de Galicia D. Manuel Fraga Iribarne, Santiago (España), colección da Cámara de Comercio de Valencia (Venezuela), Colección Fedecamaras, Caracas (Venezuela), Marchand de Art, New Cork. (USA), C. Internacional de Guataparo, Valencia (Venezuela), C. Hípico de Carabobo, Valencia (Venezuela), Hogar Hispano, Valencia (Venezuela), C. Hermandade Gallega, Valencia (Venezuela).
Innumerables coleccións públicas e privadas en Europa, Asia e América.