José Ramón Leis Hidalgo


Data de Nacemento: En 1958
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

É doutor en Química e catedrático de Química Física na Universidade de Santiago de Compostela. Ten realizado estudos de especialización postdoutoral na Universidade de Durham (UK), University College London e University College Swansea (UK). Foi profesor invitado na Universidade de París VII. Foi director dos Servizos Xerais de Apoio á Investigación da USC desde 1994 ata 1998, cando pasou a ocupar o Vicerreitorado de Investigación e Dirección do Centro de Posgrao e Formación Continua ata 2002.

 Obras realizadas

É autor de máis de cen publicacións internacionais recollidas no Science Citation Index, director de dez teses de doutoramento e numerosos proxectos de investigación nacionais e internacionais no eido da reactividade química e membro do Comité Permanente do European Conference on Organic Reactivity desde 1993. Así mesmo, dirixiu un grupo de investigación de quince persoas, realizando estudos nos campos da reactividade química e a química dos sistemas coloidais colaborando estreitamente con grupos internacionais destacados.

 Outros datos de interese

Na actualidade, é decano da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, presidente da Comisión de Selección de Investigación da Xunta de Galicia e Coordinador da Plataforma Universitaria Progresista da USC e director xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.