Pilar López Román


Categoría: Pintora
Lugar de Nacemento: Ponferrada
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Naceu en Ponferrada, aínda que a súa vida transcorreu na súa totalidade en Galicia, especialmente na Coruña, sendo galega de adopción. É diplomada en Belas Artes e foi discípula de importantes artistas como Lolita Díaz Baliño, Rafael Barros, Quintas Goyanes, Mariano García Patiño, etc. Desde nena practicou o debuxo na Escola de Artes e Oficios da Coruña, tendo recibido premios de honra. Tamén no Instituto Eusebio da Guarda, onde estudou o bacharelato, obtivo o Primeiro Premio Nacional de Xornais Murais. Unha vez rematada a súa carreira de Arte, e con estudio propio, onde pintaba cos seus discípulos, presentou a súa primeira exposición no ano 1977 no Exmo. Concello da Coruña, que promovía novos valores. No ano 1999 saltou de novo á palestra con gran intensidade, utilizando a técnica do óleo sobre lenzo e o estilo realista. As súas obras teñen como fin reproducir paisaxes galegas e interpretar as cousas belas da vida e das xentes de Galicia, afondando nos reflexos da chuvia sobre as lousas de pedra das súas paisaxes urbanas, nas que moitas veces introduce personaxes reais e coñecidos do mundo da política, deporte ou da cultura ou calquera outro tipo de reflexos: ben en espellos e cristais, nas súas mariñas ou nas composicións con tendencias surrealistas das súas últimas obras.

 Obras realizadas

ÚLTIMAS EXPOSICIÓNS:
Xaneiro 2002: Asociación de Artistas da Coruña.
Decembro 2002: Asociación de Artistas da Coruña (colectiva).
Abril 2003: VII Feira de Arte Contemporáneo de Castela e León, ARCALE, no Palacio de Congresos e Exposicións de Salamanca, presentada pola Galería Gaudí de Madrid.
Decembro 2003: Asociación de Artistas da Coruña (colectiva).
Febreiro 2004: Sala de Exposicións do Exmo. Concello da Coruña.
Maio 2004: Bankcrédito Galería de Arte da Coruña.
Decembro 2004: Asociación de Artistas da Coruña (colectiva).
Xaneiro 2005: Asociación de Artistas da Coruña.

EXPOSICIÓNS PERMANENTES:
Exposición permanente en www.OleTuArte.com
Exposición permanente en www.sologenios.com

 Outros datos de interese

www.pilarlopezroman.com