É licenciada en Medicina e Cirurxía na Universidade de Zaragoza e especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública. Posúe o diploma de estudos avanzados pola Universidade da Coruña dentro do Programa de Doutoramento de Medicina, é licenciada en Socioloxía pola UNED, médico de Empresa e ten un máster en Bioestatística.
Médico de Sanidade Nacional no Ministerio de Sanidade e Consumo, como responsable do Plan Nacional de Hemoterapia.
Ano 1992. Servizos de Sanidade Exterior da Coruña.
Ano 1993. Xefe de servizo e subdirectora de Protección da Saúde.
Ano 1997. Directora xeral de Saúde Pública na Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
Ano 2001. Médico da Unidade de Vacinas do servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
Ano 2002. Directora executiva da Axencia Española de Seguridade Alimentaria do Ministerio de Sanidade e Consumo en Madrid.
Ano 2004. Gabinete da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Ano 2005. Xefa de servizos de Produtos Sanitarios da Consellería de Sanidade.
Foi concelleira do PPdG no concello da Coruña e deputada provincial.
Desde marzo de 2009 é conselleira de Sanidade.
Casada e con dous fillos.