Vive actualmente en Rois. É por isto que alterna a escrita en catalán e en galego, e tamén en castelán.
Con corenta títulos publicados nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e o resto do Estado, transita por diversos xéneros literarios: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, escolma de entrevistas, conto e novela.
Dentro da súa produción novelística atopamos obras infantís e xuvenís, e tamén para o público adulto.