Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1911, chegando a ser capitán en 1920. Ese mesmo ano obtén o título de piloto e é destinado a Tetuán. En 1925 ascende a comandante por méritos de guerra. A súa maior xesta foi o voo que o "Plus Ultra", xunto a Ruiz de Alda, Juan Manuel Durán e Pablo Rada, realizou de Cádiz a Bos Aires. Tras unha serie de altercados, ingresos en prisión e unha insurrección, exíliase en Portugal, trasladándose máis tarde a Bélxica. Ó proclamarse a II República, é nomeado director xeral de aeronáutica e é elixido deputado. Despois é nomeado agregado aéreo da Embaixada Española en Washington. O seu irmán, que xa fora nomeado "Generalísimo", noméao xefe da base aérea de Baleares, ascendéndoo máis tarde a tenente coronel de Infantería, quedando no destino que desempeñaba. Faleceu en 1938 en acción de guerra, ó estrelarse o avión no que viaxaba.