En 1977 comeza piano clásico no Conservatorio Nacional de Música ‘Carlos López Buchardo’ de Bos Aires. En 1980 múdase a San Antonio de Padua, provincia de Bos Aires e retoma os mesmos no Conservatorio Provincial da cidade de Morón ata 1983. En 1990 estuda harmonía co mestre Fernando Pugliese. En 1992 e logo de remata-la súa carreira universitaria (Arquitectura) regresa ó estudo do piano co mestre Eduardo Spinassi, onde aprende a interpreta-los ritmos folclóricos arxentinos que para daquela comezaban a se-la súa vocación. Tamén realiza un curso dun ano na escola taller de Haedo sobre a orixe dos ritmos folclóricos arxentinos a cargo da musicóloga e directora Nora Di Vruno. En 1997 e despois dun longo camiño percorrido estuda no conservatorio de Morón harmonía e linguaxe ata 1999.
Participou nos seguintes discos e vídeos: ‘En un remanso de amigos’ Isabel Basualdo (1992), ‘Viene clareando’ Coqui Sosa (1992), ‘Siglo de esperanza’ Coqui Sosa (1993), ‘La vieja ausencia’ Néstor Basurto (1995), ‘Retratos sonoros’ Gustavo ‘Cuchi’ Leguizamón (1995), ‘Retratos sonoros’ Adolfo Ábalos I y II (1995), ‘Clásicos y sueños’ Coqui Sosa (1996), ‘María de los Ángeles va a la escuela’ María de los Ángeles Ledesma (1997), ‘María de los Ángeles Ledesma y cosecha de agosto’ María de los Ángeles Ledesma y cosecha de agosto (1998). Participa do vídeo do programa ‘Mano a mano con el campo’ de Luis Landriscina e grava a súa cortina musical para a radio e televisión aberta arxentina (1999), ‘Canto de nadie’ Suma Paz (2000) como produtor xeral, Libro de poesías ‘Última guitarra’ de Suma Paz (2001) como produtor xeral, Ediciones Corregidor, ‘Campana de palo’ Suma Paz (2002) como productor artístico e como músico interpretando ‘Pampa escondida’ (aínda sen editar). Participa do vídeo do IV Festival Internacional de Música Tradicional ‘El Món en el Poble’, edición 2003 de Agullana, Xirona (España), con tres temas das súas actuacións en directo representando a Arxentina. En 2007 publica o disco "Almas en el viento/Música Argentina de Raíz" onde participaban como invitados grandes artistas de arxentina como: Mercedes Sosa, Suma Paz, China Zorrilla, Jairo...
En 1997 edita en Arxentina co selo discográfico Diapasón S.A. o seu primeiro disco solista titulado ‘Solo luz’, no que participan figuras da música popular como Suna Rocha, Raúl Carnota, Domingo Cura, Guillermo Chaves, María de los Ángeles Ledesma, Coro Turma Vocalis, Eduardo Spinassi, Rodolfo Sánchez e Miguel Ángel Gutiérrez, entre outros. En 1999 comeza en Bos Aires ‘Almas en el viento: con los grandes de argentina’, o seu segundo disco solista que se rematou de gravar en marzo de 2001 e aínda se atopa sen editar. Esta produción ten como base a participación como invitados dos máximos artistas de Arxentina en cada un dos temas: Mercedes Sosa, Suma Paz, China Zorrilla, Jairo, Luis Landriscina, Jaime Torres, Eduardo Lagos, Domingo Cura, Raúl Carnota, Abel Pintos, Popi Spatocco, Mónica Abraham e María Lombas, entre moitos máis.
En España actuou na Casa da Xuventude de Lalín, Pontevedra (maio de 2004), no Hotel ‘Los Abetos’ de Santiago de Compostela (A Coruña), no Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) (xuño de 2004) e no IV Festival Internacional de Música Tradicional ‘El Món en el Poble’ Agullana, Xirona (agosto de 2003).
En Arxentina actuou no Festival de Baradero, no Hall del Teatro San Martín, na Sala A-B do Centro Cultural San Martín invitado por Eduardo Lagos, no Parque Centenario, no Auditorio A.T.E., no Teatro Ideal, Venado Tuerto (Santa Fé), na homenaxes a Atahualpa Yupanqui en APTRA e o Teatro Real de Córdoba, no Centro Cultural Ricardo Rojas, na Praza 20 de Febreiro e a Praza Alvear de Ituzaingó, no Salón Dorado Municipal de La Plata, no Teatro Municipal de Merlo, en Promúsica, na Dirección de Cultura de Baradero, na Sala A-B do Centro Cultural San Martín invitado por Suma Paz no día do Mestre, no Festival a beneficio de Benavídez invitado por Luis Landriscina, no Teatro Municipal ‘Leopoldo Marechal’ de Moreno, na rúa 8 e 48 de La Plata, no Festival do Trabún '98 de San Martín de los Andes, en Radio Nacional, Municipal e radios locais, en ATC, Utilísima Satelital, Crónica TV, Argentinísima Satelital, Canal Rural, TVA, etc…
Foi finalista do Festival ‘Cosquín '94’ na categoría ‘Solista instrumental’, gañador do Festival ‘Baradero '95’ na categoría ‘Solista instrumental’ e conseguiu o diploma 1997, 1999, 2000 e 2001 da ‘8va, 10ma, 11ma y 12 ma. Fiesta familiar de la tradición’ de Liberdade pola participación nas actividades culturais contribuíndo ó fortalecemento das nosas familias. En novembro de 2000 a Secretaría de Cultura e Comunicación da Presidencia da Nación resolve auspiciar e declarar de Interese Cultural o seu disco compacto ‘Almas en el viento’. No ano 2000 recibe unha mención especial do ‘Instituto Histórico Belgraniano de Ituzaingó’ como recoñecemento á súa presenza e acompañamento ante a Asociación Italiana de Ituzaingó. En 2003, a súa amiga, a cantora e poeta pampeana Suma Paz, considerada sucesora indiscutida de Don Atahuapa Yupanqui, dedícalle o poema ‘21 de Marzo’. A principios de 2004 o guitarrista e compositor arxentino Silvio Fraga compúxolle a zamba ‘La distanciada’ na súa honra, tamén recibiu a placa conmemorativa do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa pola súa participación nos actos do ‘Centenario 2004’ e foi incluído polo xornalista Emilio Pedro Portorrico na última edición do seu ‘Diccionario Biográfico de la Música Argentina de Raíz Folklórica’ (2004).