Estudiou na Escola Universitaria de Formación do Profesorado e na Escola Universitaria de Ciencias Empresariais, obtendo o título de profesor de EXB (especialidade de Ciencias Humanas). Ten tamén os títulos de adestrador nacional de balonmán, de monitor deportivo e de Socorrista Subacuático (1976). É o director xerente de Fundiciones Pardo SL desde 1987. Foi profesor do Colexio Maristas (1976-1987), redactor de Deportes de El Progreso (1972-2001), director do programa TodoDeporte de Telelugo (1995-2001) e redactor de Deportes da Cope (1976-1993).
Entre os cargos que ocupa destacan: Presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Ceao (desde 1991), directivo da Confederación Empresarial Lucense (desde 1991), directivo da Cámara de Comercio de Lugo (desde 1998), vicepresidente e fundador da Federación Galega de Parques Empresariais, secretario da Asociación da Prensa Deportiva, director e propietario da revista "Balonmán Galego" e delegado da Asociación Nacional de Adestradores de Balonmán. Tamén é membro do Colexio Oficial de Xornalistas de Galicia, membro da Asociación Nacional de Radio e Televisión, membro da Asociación Nacional de Prensa Gráfica, exdirector da Escola Galega de Árbitros de Balonmán e ex-coseleccionador galego de balonmán xuvenil.
Dentro do seu palmarés como deportista destacan: Campión de España de Tiro con carabina (1971), campión de Galicia de Tiro con carabina (1972, 1973 e 1974), campión de Galicia de Balonmán, seleccionador lucense de balonmán, fútbol e fútbol sala, campión do Aero Club de Tenis e campión de billar do Círculo das Artes. Entre os premios e distincións que conseguiu, os máis importantes son: Premio nacional de Prensa da Federación Española de Balonmán (1982, 1985 e 1988), medalla ó mérito en balonmán da Federación Española de Balonmán (1984), premio nacional de prensa "Marcelino Champagnat", insignia de ouro e brillantes do "Club Polideportivo Maristas" de Lugo, insignia de ouro da Federación Lucense de Balonmán, medalla "Concepción Arenal" (concedida pola Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias), "Milagrosista do ano 2.000), "Mellor Deportista do Ano" en Lugo e provincia en Tiro (1972, 1973 e 1974), "Mellor Deportista do Ano" en Lugo e provincia en Balonmán (1974) e premio nacional de Escolas de Balonmán (1974).