Pedro Miguel Piñeiro Lago


Categoría: Farmacéutico e bodegueiro
Data de Nacemento: 11 de abril de 1957
Lugar de Nacemento: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Teléfono: 986501011
Fax: 986501011
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado e graduado en Bioloxía e Farmacia (Universidade de Santiago de Compostela), diplomado en Optometría e Acústica Audiométrica (Universidade de Santiago de Compostela) e en Óptica Oftálmica (Universidade de Granada), diplomado en Sanidade (Escola Nacional de Sanidade) e diplomado en Marketing. Realizou os cursos de doutoramento en Acuicultura coa cualificación de sobresaliente e un máster en Medio Ambiente e en Comunidades Europeas (polo Ministerio de Asuntos Exteriores). É Axente da Propiedade Inmobiliaria. Realizou diferentes cursos (Ecoloxía, Análise de Aguas, Tecnoloxía dos Alimentos, Protocolo, Relacións Públicas,...), asistiu a congresos e seminarios nacionais e internacionais e impartiu charlas e conferencias sobre a camelia. Actualmente exerce a actividade farmacéutica, dirixe a Adega "Pazo Quinteiro da Cruz S.L." (Rías Baixas), exerce a actividade inmobiliaria e ata fai pouco tempo foi director do Gabinete de Óptica de Galicia (Vilagarcía de Arousa)

 Outros datos de interese

É conselleiro do ente "Portos de Galicia", presidente do Real Club de Regatas de Galicia e director para España da "Camelly International Society". Entre as distincións coas que foi galardoado destaca a de "Cabaleiro do Capítulo Serenísimo do Albariño e da Irmandade de Vinhos Galegos", a de "Cabaleiro da Orden da Vieira" e a de "Cabaleiro da Orden do Mar".