De formación autodidacta, as súas primeiras exposicións datan de 1978, sendo as máis importantes as celebradas no Fogar Xuvenil de Noia (A Coruña), Concello da Coruña, e Club Náutico de Portosín. No mesmo ano é galardoado co 2º premio de pintura Concello de Cambre coa obra titulada ‘Tres versiones para una plancha’. En 1984, xunto con outros artistas, dos que podemos destacar a Gancedo, José Luis Vasconcellos, Ramón Manzano, Nito D’avila, Xosé Cobas, etc... funda o grupo ‘Desnivel’ facendo diversos actos cuturais por distintas cidades da comunidade galega. En marzo do mesmo ano edita a revista de arte que leva o mesmo nome que o grupo, sendo o seu maior impulsor o pintor madrileño Francisco Rojas. En 1986 ingresa como profesor de debuxo no colexio Salesiano da Coruña. De 1987 a 1989, colabora como debuxante no caderniño de economía para ‘La Voz de Galicia’. En 1998 imparte no instituto de Someso - A Coruña unhas ‘Xornadas artísticas’ para alumnos de F.P. e de E.S.O. e un ano máis tarde é incluido na Gran Enciclopedia Galega. En 2001 realiza o cartel da zarzuela ‘La verbena de la paloma’ para o Círculo Lírico Calderón e ó ano seguinte é incluído no Diccionario de Pintores e Escultores españois do século XX. Cos pintores José Luis López Vasconcellos e Folgueira funda o Grupo ‘Mamoa’ en 2003 e é incluído na Guía de artistas de Galicia, editada pola Xunta de Galicia. Colabora como comentarista para a revista de arte ‘Arte Galicia siglo XXI’ e no ano 2005 comeza a traballar nas fachadas do Club do Mar de San Amaro os murais ‘Marenostrum’.
É invitado pola Deputación provincial da Coruña a participar no I Encontro coa Pintura, que se desenvolve no Pazo de Mariñán, alí atopa artistas como: Alfonso Costa, Carpo, Dorda, Babío Sabio, Noemí Otamendi, Jaime Galdeano, Patinha, Manuel Romero, Cobas, Manuel Gandullo... e poetas da talla de Carlos Pereira, Xulio Valcarce e Eva Veiga, compartindo con eles unhas xornadas artísticas inolvidables. En setembro deste mesmo ano remata os traballos dos murais do Club do Mar.
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
1978. Fogar Xuvenil, Noia (A Coruña), Excmo. Concello da Coruña e Club Náutico de Portosín.
1979. Galería Brétema (A Coruña) e Tractoría Fratelli (A Coruña).
1980. Club Liceo Ourensán, Caixa Galicia (A Coruña) e Club Lar, As Pontes (A Coruña).
1981. Asociación de Artistas (A Coruña) e BCI (Lugo).
1982. Galería Sementeira, Noia (A Coruña).
1983. Tractoría Fratelli (A Coruña).
1985. Galería Bellas Artes (León).
1986. Asociación de Artistas (A Coruña).
1993. Galería Arte Imagen (A Coruña).
1994. Casino del Atlántico (A Coruña) e Club Liceo de Noia (A Coruña).
1995. B.B.V. Vigo (Pontevedra).
1996 Casino del Atlántico (A Coruña) e Casa Charry, Oleiros (A Coruña).
1997. Café de Carlos (A Coruña).
1998. Sala de exposicións C.M. de San Amaro (A Coruña) e Galería Obelisco (A Coruña).
1999. Casa de Galicia, Xunta de Galicia (Madrid), Galería José Lorenzo (Santiago de Compostela) e Casa da Cultura, Ribeira (2000).
2000. Pazo Municipal (A Coruña) e Casino do Atlántico (A Coruña).
2001. Sala Coliseo Noela, Noia (A Coruña) e Sala Hotel Meliá, María Pita (A Coruña).
2002. Amigos dos Museos de Galicia, Casa do Libro (Vigo) e Galería La Campana (Santiago de Compostela).
2005. Casino do Atlántico (A Coruña) e Galería de Arte ‘Lucía Torres’ Santa Cruz (A Coruña).
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1978. I Certame de Pintura Concello de Cambre (A Coruña) e Galería Adro.
1980. Excmo. Concello de Mondoñedo (Lugo) e Hotel Araguaney, Santiago (A Coruña).
1982. 7º Salón de Arte Celta, Lorraine (Francia).
1984. Caixa Galicia (A Coruña) e diversas exposicións co grupo ‘Desnivel’.
1985. ‘Homenaxe a catro figuras galegas’, Delegación de Cultura, Grupo ’Desnivel’ e Fundación Araguaney (Santiago Compostela, A Coruña).
1986. Asociación de Artistas (A Coruña) e 3º Certame de Pintura ‘Concello de Cambre’ (A Coruña).
1989. ‘Homenaxe á Maternidade’, Estación Marítima (A Coruña).
1990. Asociación de Artistas (A Coruña) e 7º Certame de Pintura Concello de Cambre (A Coruña).
1991. 8º Certame de Pintura Concello de Cambre (A Coruña).
1993. Museo Carlos Maside, O Castro, Sada (A Coruña), 3º Certame de Artes Plásticas ‘Isaac Díaz Pardo’ e Estación Marítima da Coruña.
1994. Certame de Carteis ‘Deporte Para Todos’, Estación Marítima da Coruña e diversas poboacións da provincia da Coruña.
1995. Galería Arte Imagen (A Coruña) e Hotel Trip Mª Pita (A Coruña).
1996. 1º Salón de Outono, Academia Galega de BB.AA. Nosa Señora do Rosario, Supermercado do Arte, Palacio de Congresos e Exposicións (A Coruña), Certame de Pintura ‘Maestro Mateo’ (Córdoba) e Certame de Pintura ’Bello Piñeiro’.
1997. Sporting Club Casino (A Coruña), American Prints, Palacio de Congresos (A Coruña), American Prints (Madrid) e Galería Obelisco ‘50 pintores Galegos’
1998. Asociación Nike, American Prints (Bilbao), II Salón de Outono, Real Academia Galega de BB.AA. Nosa Señora do Rosario (A Coruña), Galería obelisco (A Coruña) e Galería Alameda (Vigo).
1999. Cruz Roja.’Pontevedra con Centroamérica’, Asociación Niké (A Coruña), Galería Alameda (Vigo), XX Certame de Pintura Villa de Olmedo (Valladolid) e Centro Sociocultural de Vite (Santiago de Compostela).
2000. Asociación Nike, Colectiva de Nadal – Centro Financieiro Atlántico e American Prints, Vigo (Pontevedra).
2002. Galería Trebellar (A Coruña) e Galería ‘La Campana’ (Santiago de Compostela).
2003. Galería Trebellar, Praza de María Pita (A Coruña), Expourense, Salón Galego de Gastronomía, ‘Costa da Morte - Horizonte de Vida’, Hostal dos Reis Católicos (Santiago) e Casino do Atlántico (A Coruña).
2004. Club Financiero Atlántico (A Coruña).
2006. 7ª feria Internacional de Arte ‘IMMAGINA’ de Reggio Emilia (Italia).
PREMIOS
1980. 1º Premio na II Bienal de Pintura Cidade de Mondoñedo, finalista no Certame de arte Fundación Araguaney.
1993. Premio adquisición no III Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo.
1994. Obra seleccionada no concurso de carteis ‘Deporte para todos’ que organiza a Deputación da Coruña.
1996. 1º Premio no VII Certame de pintura Bello Piñeiro, seleccionado no I Salón de Outono da Real Academia Galega de BBAA Nosa Sª do Rosario. En Córdoba é seleccionado no Certame Mestre Mateo coa obra ‘David’.
1998. Participa no II Salón de outono de pintura Academia Galega de BB.AA. Nª Sª do Rosario coa obra ‘Entre choqueiros y peliqueiros’ (Entroido) sendo finalista.
1999. Mención especial no certame de pintura do Pazo de Congresos e mención de honra no Certame de Pintura Rápida ‘Villa de Olmedo’.
2002. 2º Premio no XX Certame de Pintura Rápida ‘Cidade de Lugo’ e 2º Premio no Certame de Pintura ‘Vila de Cedeira’.
www.pedrobuenosalto.com