Juan Manuel Varela Louro


Categoría: Pianista
Data de Nacemento: En 1972
Lugar de Nacemento: Noia (A Coruña)
 Currículum

Realiza os seus estudios de piano con Martín Millán, obtendo as máximas cualificacións e asiste a numerosos cursos de piano e música de cámara con Manuel Carra, Lidia Stratulat, Alfredo Oyáguez, Cecilio Tieles e Evelio Tieles.
Xunto co trío Aliaga, representa a España no ‘Kaleidoscope der Nationen’ en Viena, estreando unha obra composta por Enric Riu para a agrupación.
No ano 1996 comeza os estudios de improvisación e harmonía moderna con Suso Atanes, continuándoos posteriormente con Abelardo Rábade. Participa na ‘Workshop de big band’ encadrada no ‘VII Festival de Jazz de Porto’, impartido por Cecil Bridgewater, quen, á súa vez se encarga das clases de improvisación.
Realiza ‘masterclass’ de improvisación con Barry Harris, Ulf Radelius, Skip Haden e Jarmo Savolainen.

 Obras realizadas

En 1999 actúa, xunto con Concepción Rodríguez, como pianista acompañante no acto de entrega das medallas de prata da Comisión Europea en Luxemburgo.
Leva a cabo un intensa labor como pianista acompañante. Como pianista do orfeón ‘Terra Nosa’ realiza numerosos concertos e xiras por Galicia e polo resto da xeografía nacional.
Forma parte do quinteto ‘Pentafonía’ e do cuarteto de jazz ‘Drops’ cos que realiza numerosos concertos ó longo do ano, así como concertos didácticos. No ano 2003 gravou, xunto coa soprano Laura Alonso, o disco "Na boca das Camelias". Actualmente exerce de profesor de piano e harmonía no conservatorio de música de Noia.
Como pianista do trío de jazz "Kin Garcia Trío, actualmente atópase na presentación do disco "O Lobo morde a man".
No ano 2005 grava no Auditorio de Galicia, e novamente coa soprano Laura Alonso, o disco compacto de canción galega “Lúa descolorida” para o selo Columna Musica, obtendo excelentes críticas.