Foi director da revista de información xeral 'Teima' durante a transición. Posteriormente foi correspondente de 'El País’ en Galicia, redactor xefe e subdirector de Faro de Vigo. Na actualidade, traballa como escritor asociado de Faro de Vigo e publica unha columna diaria no citado xornal e en 'La Opinión' da Coruña. Ademais, colabora noutros medios de prensa de fóra de Galicia.
É o autor do ensaio biográfico 'Doctor Fraga y Míster Iribarne' (Prensa Ibérica, Barcelona, 1995).
Foi Premio Galicia de Comunicación 1996 ao mellor labor en medios impresos e recibiu o Premio 'Nunca Máis' ao prestixio na información.
En 2017 recibiu o 'Premio de Columnismo José Luis Alvite'.