Andrea Fernández


Data de Nacemento: 10 febreiro 1964
Lugar de Nacemento: Carril de afóra, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
 Currículum

De vocación e profesión locutora de radio (traballou na “Cadena Ser”, na Radio Galega e varias municipais), mais agora só exerce moi de cando en vez e padece do mono das ondas de xeito persistente, logo de máis de vinte anos de deixalo.

O seu hábitat natural é a poesía, en letra e imaxe (fotografía), aínda que, ás veces, déixase levar polos microrrelatos.

 Obras realizadas

· “A lanterna de Vagalumes” (conto), na antoloxía Tempos dixitais. Edición non venal.

· “Delirium” (poema) na antoloxía Volume II: A rebelión de Prometeo de Contos estraños.

· “Caducifolio e Perennis” (conto) na antoloxía E se a Terra Media fose Galicia (2018) do Curtas Asociación Cultural. Edición non venal.

· “Álxia” (poema) na Antoloxía. Vide, paisaxe e fala. Florencio Delgado Gurriarán. Edición non venal.

· Proyecto Atlántico, Ediciones Venguerén, serie “Sesos y tripas”. (Antoloxía de poetas do Atlántico, edición bilingüe) ISBN 978-84-09-13413-7

· Migratoria, Medulia Editorial (2020). ISBN 978-84-12-15467-2

· Edénicas (Editorial Caldeirón) ISBN 978-84-124-8494-6

· Contra-Tempos (Editorial Tristam) ISBN 978-84-124-8494-6. Edición non venal.

· Voto de silencio (Medulia Editorial) ISBN 978-84-124-8494-6

· Tango de xiro e traspé, poema incuído no libro colectivo Oroza 100, Asociación Cultural Évame Oroza. ISBN: 978-84-127833-0-88.

· Outras colaboracións en revistas dixitais.

 Outros datos de interese

PREMIOS

Premio Galicia de Xornalismo, 1989, na especialidade de reportaxe radiofónico.

Primeiro Premio do certame poético “Nuestra musa, la camelia”, 2016.

Finalista co poemario "Álxia" no “I Certame de poesía Florencio Delgado Gurriarán”, 2018.

Primeiro premio da Maratón fotográfica do 8M de Vilagarcía de Arousa, 2019.

Finalista do premio de microrrelatos Mulleres Progresistas de Vigo, 2019.

Finalista do “VIII Certame de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro”, 2019.

Segundo premio do VI Concurso Fotográfico do Museo Liste (Vigo).

Segundo Premio de microrrelatos de Mulleres Progresistas de Vigo, 2020.

Primeiro premio da Maratón fotográfica del 8M de Vilagarcía de Arousa, 2020.

Segundo premio “Vilariñas, 2020”.

Primeiro premio co poemario "Inventario dun adeus. Expiatoria" da “IX edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.

Primeiro premio co poemario "Contra-tempos" do "V Certame de Poesía Torre de Caldaloba", 2021.

Primeiro premio do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, co poemario "Edénicas".

Gañadora do IV Premio de Poesía Eduardo Pondal, 2022, polo libro Voto de silencio.

Primeiro premio da Maratón fotográfica do 8M de Vilagarcía de Arousa, 2024.

Premio Concello de Vilalba co poemario Meridiano Orixe, 2024.