Pedro Barrié de la Maza


Categoría: banqueiro, empresario
Data de Nacemento: 17 de decembro de 1888 (†14 de marzo de 1971)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Despois de estudiar Bacharelato ingresa en 1903 na Escola de Comercio, onde permanece ata xullo de 1905. Nesta data viaxa a Inglaterra para estudiar no Colexio de Sittingbourne en Kent. En 1908 trasládase a Lubeck (Alemania). En 1910 trasládase a Francia e traballa nunha axencia de La Rodelle. En 1911 regresa a Galicia e pouco despois comeza a traballar como socio xerente na razón social Sobrinos de J. Pastor. En 1916 casa con Amalia Torres. Sobrinos de J. Pastor convértese en Banco Pastor, S.A. e en 1925 Pedro Barrié pasa a ocupa-lo posto de vicepresidente. En 1931 Barrié é nomeado Consejero da Sociedade Galega Xeral de Electricidade. Cando o seu amigo, o xeneral Franco, é nomeado Xefe da Brigada de Infantería, Pedro Barrié realiza, xunto con outros amigos, labores de gardaespaldas do xeneral. Despois do falecemento do seu tío Ricardo, Pedro Barrié convértese no accionista maioritario do Banco Pastor e en presidente do seu consello de administración. Para potencia-la riqueza de Galicia, comezou a crear empresas. En 1943 fundouse en Vigo FENOSA, cun capital de cinco millóns. O Banco Pastor converteuse no accionista maioritario de ASTANO. En 1952 falece a súa muller e casa en segundas nupcias con Carmela Arias en 1966.

 Obras realizadas

A grande actividade empresarial de Pedro Barrié de la Maza supúxolle o título de Conde de Fenosa, ademais de varias condecoracións como a Cruz de Isabel a Católica, a Cruz do Mérito Naval, a Medalla ó Mérito no Traballo...